VIALIA
PLAYDOC

Los Punsetes súmanse ao cartel do Season Fest

A banda madrileña presentará o seu último disco no festival e súmase a un cartel encabezado por Iván Ferreiro, Xoel López, Triángulo de Amor Bizarro e unha ducia de bandas de indie pop español. As entradas están dispoñibles na web do festival. Co código AMOVIDA terás un 10% de desconto no abono e ata un 33% nas entradas de día.

O Season Fest, porá o colofón ao verán festivaleiro de Galiciado 21 ao 24 de setembro en Gondomar. Los Punsetes, cabeza de cartel do primeiro Season Fest, volven a Galicia para sumarse á celebración do quinto aniversario do festival. A banda presentará o seu último traballo en Gondomar, onde compartirá cartel con Iván Ferreiro, Xoel López, Triángulo de Amor Bizarro, a artista portuguesa Capicúa e grupos emerxentes do panorama indie de dentro e fóra de Galicia como Margarita Quebrada, Anabel Lee, Xenia, Firmado, Carlota, Lusillón, Aeronave adolescente, Visions of Johanna, Sr. Jingles, Habitación Vudú, Tarde a todo e Señora DJ.

Cartel por días:

Xoves 21 de setembro: apertura do festival con concerto exclusivo de Pablo Novoa con convidados sorpresa. A esta xornada só terán acceso as persoas que conten con Pack 5º aniversario, unha modalidade de entrada xa esgotada que dá acceso a actividades e sorpresas exclusivas.

Venres 22 de setembro: Los Punsetes, Sr. Jingles, Habitación Vudú, Visions of Johanna e Señora DJ.

Sábado 23 de setembro: Aeronave adolescente, Xenia, Margarita Quebrada, Anabel Lee, Triángulo de Amor Bizarro, Iván Ferreiro, Xoel López, Señora DJ e Divergente DJ.

REVISTA MAIO

Domingo 24 de setembro: Capicúa, Firmado Carlota, Lusillón, Tarde a todo e Divergente DJ

Entradas

As entradas están xa dispoñibles na web do festival onde se poden adquirir por días ou en abono para os tres días de festival. En A Movida contamos co código promocional AMOVIDA que aplica un interesante desconto a todas as entradas. Nos abonos, o aforro é do 10% (de 55€ a 45€); a entrada do venres baixa un 25 % (de 22€ a 15 €); a do sábado un 11% (de 49,50€ a 40 €) e a do domingo un 33% (de 16,50€ a 10 €) introducindo o código na billeteira.