VIALIA
bannerPicnicSesions

Loce unha camiseta de Fillos do mar sen gastar un peso

A marca Fillos do mar é a protagonista da sección Tendencias de Estela Gómez na revista de verán. En decembro de 2015, tres estudantes deciden crear una tenda online para vender o seu principal deseño: unha camiseta coa silueta e as coordenadas das illas Cíes. En pouco tempo, esa idea converteríase en todo un éxito. Case 4 anos despois queren celebrar o éxito do seu proxecto regalando aos seguidores de A Movida o seu produto estrela.

Para participar podes facelo de varias formas. Por unha banda, todos os nosos #AMOVIDALOVERS ou subscritores da revista, participan de maneira automática. Se aínda non o es infórmate neste link. Pero tamén podes participar a través de Instagram ou Facebook.

prazo para participar é ata o mercores 24 de xullo ás 12 da noite. O xoves 25 coñeceremos o nome da persoa afortunada.

SOBRE FILLOS DO MAR

Fillos do Mar nace en decembro de 2015 cunha misión clara, cambiar o panorama téxtil introducindo produtos nos que o protagonista é o relevo característico das nosas costas e engadir valor a cada unha das peza coas accións sociais que levan a cabo coa marca.
Cunha visión de crear unha marca de calidade, que sexa alcanzable e que teña como protagonista os monumentos que nos proporcionan os nosos mares. Comprométense coa poboación difundindo nas súas redes sociais desaparicións de persoas, de animais, difundindo acollidas, artigos sobre coidado do medio, e un longo etc. Tamén colaboran en diferentes labores sociais como a reforestación ou patrocinando ao Club Deportivo AMFIV.

Por tanto, oo comprar os artigos de Fillos do mar non so adquires un produto de calidade co selo das nosas costas, se non tamén está a colaborar en que podan levar a cabo todas estas accións que fan que unha peza de Fillos do Mar teña un valor engadido.

O CONCURSO

Como participar:

Para poder participar no concurso é preciso:

REVISTA ABRIL
  • Ser subscritor da revista. Se non o eres preme neste link.
    Ou
  • Ser seguidor de @amovidavigo en Instagram ou Facebook.
  • Darlle gústame á publicación do sorteo.
  • O prazo para participar no concurso estará aberto ata o mércores 24 de xullo ás 12 da noite.
  • Poderán participar todas aquelas persoas físicas maiores de 18 anos con perfil de Facebook ou Instagram. Cada persoa só poderá participar unha vez e eliminaranse perfís fraudulentos ou falsos.

Gañador/a:
O gañador ou gañadora será elixido mediante sorteo aleatorio. Poñerémonos en contacto con el mediante o medio no que participou; se nun prazo de 48 horas non contestaran procederíamos a facer un novo sorteo.

O premio:
Sortéase unha camiseta unisex de Fillos do mar, modelo Illas Cies. (Talla a elixir polo gañador/a)

Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.

  • Facebook e Instagram non patrocina, avala nin administra de modo alguno a promoción, nin está asociado a ela.