VIALIA
bannerPicnicSesions

Ignatius Farray, Mongolia ou Martita de Graná entre a oferta humorística deste final de ano

A promotora Etiqueta Negra é a encargada de traer a Galicia a algúns dos mellores cómicos do panorama nacional. Nos próximos meses teremos por Vigo os espectáculos de Martita de Graná, Estirando el Chicle, Mongolia sobre hielo e Ignatius Farray, ademais da maxia de Jorge Blass.

O cómico canario Ignatius Farray

Este final de ano traerá a Galicia, algúns dos espectáculos máis demandados e con maior índice de venda de entradas de toda a carteleira nacional de teatros. Dúas semanas despois do paso de Dani Rovira por A Coruña e Santiago aterra unha das artistas que máis billetes vendeu desde o final do confinamento, Martita de Graná. Os seus máis de 1.4 millóns de seguidores en Instagram están a facer que voen as entradas para as súas actuacións de Vigo, o 26 de novembro no Teatro Afundación.

REVISTA ABRIL

Outro dos fenómenos máis espectaculares do ano é Estirando el Chicle, flamantes gañadoras dun premio Ondas a mellor podcast. Vitoria Martín, e a galega Carolina Iglesias (Percebes y Grelos ) representarán o seu “Estirando el chicle Live” o 3 de decembro no Auditorio Mar de Vigo. O humor máis acedo e satírico tamén terá cabida neste final de ano en Galicia, con dous dos seus máximos expoñentes. Darío Adanti e Edu Galán da revista Mongolia presentan o seu espectáculo “Mongolia sobre hielo”. Despois dos seus máis de 50.000 espectadores na súa anterior xira, visitarán Vigo o 13 de novembro.

Decembro será a quenda para Ignatius Farray co seu espectáculo “La Comedia salvó mi vida”. O cómico canario, coñecido pola súa participación en “La vida moderna” e pola súa serie El fin de la comedia, tráenos a súa irreverencia ao Teatro Afundación o domingo 5. A comedia tamén terá o seu oco no espectáculo de maxia “Efímero” de Jorge Blass, que terá lugar o 11 de decembro no Teatro AFundación, en dobre función, ás 17:30 e ás 20:30, con preczs especiais para grupos familiares.

Preme aquí para mercar as entradas dos espectáculos do Teatro Afundación e aquí para os do Mar de Vigo.