REVISTA MARZO

Hoxe inaugúrase el Nuevo Bonus Track

Estamos de noraboa, pois esta noite inaugúrase unha nova sala de concertos na cidade: El ‘Nuevo Bonus Track’. Abrirá a partir das 21:30 horas cun concerto, o primeiro, do que se agarda sexa unha longa lista de shows ao vivo. O artista Joao Tomba será o encargado de inaugurar o local co seu espectáculo.

Banner A Movidiña

El ‘Nuevo Bonus track’ abre no lugar onde outrora se erixía a mítica sala Bonus Track (LLorenete, 31). Miguel A. Bernárdez, creador desta iniciativa, explica que o fan alí “con moita ilusión porque xa apetecía volver ver aberto un local que tan bos recordos lle trae a moitos vigueses”. Bernárdez que é tamén o fundador da axencia de management Contratación y Eventos Artísticos Vigo (Cea-Vigo) ve con optimismo a nova época de ocio nocturno que está vivindo a cidade olívica pero “na nosa opinión, no eido da música en directo aínda queda algo de percorrido para funcionar ao nivel de outras cidades. Cremos que Vigo necesita un novo espazo para este tipo de eventos”.

A partir de hoxe tódalas semanas el ‘Nuevo Bonus Track’ ofrecerá unha variada programación. Os mércores dedicaranse a proxeccións sobre grupos, a do vindeiro día 7 será sobre Pink Floyd. Os xoves un grupo de Jazz abrirá a noite e a continuación Jam Session. Os venres música en vivo a cargo de grupos locais e os sábados jams de rock.

O aforo do local non é moi amplo pero os promotores aseguran que o equipo técnico e o escenario están a altura de salas de primeiro nivel.