CASAACUNHA

Histérikas Histórikas, o videopódcast feminista ao que podes asistir como público

A politóloga Priscila Retamozo analiza a actualidade en clave feminista no programa Histérikas Histórikas. Xunto a ela un elenco de colaboradoras poñen o toque humorístico e cada semana contan coa presenza dunha convidada. A última foi a directora de A Movida, Tamara Novoa.

Banner A Movidiña

Madrid ten Estirando el chicle e Vigo Histérikas Histórikas, un pódcast que tamén pode verse en Youtube no que a politóloga especializada en xénero Priscila Retamozo olla cara o mundo coas gafas violetas e debaga problemáticas como o o ecofeminismo, os dereitos humanos en España e outro países, a visibilidade das mulleres lesbianas ou a violencia estética. Xunto a Retamozo, están colaboradoras habituais como La zorra que todo lo sabe, que bota o Tarot, ou Amara Pérez, que nos recomenda lecturas. A mestura é un programa con información contrastada, reflexiones necesarias e o punto de humor preciso para engancharnos desde o primeiro programa.

Nas tres tempadas que levan “en antena”, Retamozo falou con mulleres como a activista abolicionista Amelia Tinganus, a compañía de teatro A Panadaría ou a rapeira Sara Hebe coas que analiza a actualidade desde a ollada feminista e intercalan reflexións máis sesudas con toques frescos e humorísticos. Os programas poden seguirse en directo asistindo como público no seu local de gravación, A Morada, ou en diferido a través da súa canle de Youtube. Todo este traballo fíxoas gañadoras do Premio Revelación na gala Youtubeiras 2022.

No caso do último episodio a conversa xirou arredor do xornalismo con perspectiva feminista e a convidada foi a directora da revista A Movida, Tamara Novoa, como xa vos adiantamos nesta entrevista. Novoa falou do traballo diario que facemos na Movida e as diferentes canles que utilizamos para manter informada á cidadanía sobre a axenda cultural viguesa: web, papel, Instagram, Facebook, Twitter e o servizo de Whatsapp e Telegram.