REVISTA ABRIL

Gravamos intres previos ao concerto e nos contan como se cociñou todo

Os artistas que participaron no concerto de despedida ao Pergamiño Vindel, o pasado sábado día 3 no Teatro García Barbón, contan para A Movida como se preparou o evento e como xurdiron as diferentes colaboracións. Nun vídeo con imaxes exclusivas dos intres previos a saír ao escenario.


Vídeo de A Movida xunto a Alba Sotelo e Noel Queipo

Trobadores e trobadoras da actualidade xuntáronse nunha gran festa da música galega para despedir ao Pergamiño Vindel. Un emotivo evento no que un total de 12 artistas se subiron ao escenario do Teatro García Barbón para tocar e compartir. Unha actuación única, que foi máis ben unha gran reunión de amigos que se xuntan a cantar.

REVISTA ABRIL

Unha mestura que tivo como resultado colaboracións do máis curiosas como a da gaiteira Susana Seivane co ‘popero’ Eladio Santos e interxeneracionais como a de Wöyza con Pablo Novoa. Unha xuntanza que puxo de manifesto que na música non hai barreiras e en Galicia hai moita calidade e variedade artística.

O concerto foi unha ben merecida homenaxe ás cantigas de Martín Códax recollidas no Pergamiño Vindel, o único rexistro escrito que se conserva deste xénero literario. A través delas podemos saber da importancia que a lingua e a cultura galega tiveron na Idade Media. Un legado sen o cal, a efervescencia da música galega actual non sería posible.

A lista de reprodución do Primeiro Elepé Vigués:

  • Víctor Coyote e Pablo Novoa: ‘Joven de cuello vuelto’
  • Víctor Coyote e Lucía Fernández (Agorophobia): ‘Yo, que creo en el diablo’
  • Rosa Cedrón e Lucía Fernández: ‘Miña nai lúa’
  • Rosa Cedrón e Eladio Santos: ‘Teño saudade’
  • Eladio Santos: ‘El tiempo futuro’
  • Susana Seivane e Eladio Santos: ‘Quen puidera namorala’
  • Susana Seivane: ‘Marcha procesional dos 5 de Galicia’
  • Wöyza: ‘Shh’
  • Pablo Novoa e Wöyza: ‘Lágrimas’
  • Amaro Ferreiro e Pablo Novoa: ‘Trueno y relámpago’
  • Amaro Ferreiro e Patricia Moon: ‘Enfermedad estéreo’
  • Patricia Moon: ‘Mum’
  • Nicolás Pastoriza: ‘Anochece en el Berbés’
  • Nicolás Pastoriza, Iván Ferreiro e Pablo Novoa: ‘Ovnis entre Cíes y Nigrán’
  • Iván Ferreiro: ‘Promesas que no valen nada’