REVISTA ABRIL

Giova Visagismo: dá a cara

Con todo preparado e debidamente vestidos, toca centrarse no rostro. A faciana di moito de cada persoa, sobre todo o ollar. O centro de estética Giova Visagismo ten anos de experiencia neste aspecto, especialmente no coidado e o deseño das cellas.

Giovanna Moreda leva unha vida dedicada á maquillaxe e case tres décadas especializada en micropigmentación, disciplina que domina ao pé da letra. Tamén chamado microblading, trátase dunha microimplantación de pigmentos nas cellas a través de incisións suaves na pel, que consegue compensar a falta de pelo nesa zona. Con certos coidados e e un mantemento anual, este servizo pode durar toda a vida. Giova Visagismo abriu as súas portas hai tres anos co fin de especializarse unicamente nesta práctica, profesionalizándoa ata o máximo expoñente. O plantel está formado por tres profesionais, que poden aumentar ata a ducia no caso de vodas de gran tamaño.

REVISTA ABRIL

Unha parte esencial do seu traballo é o servizo especializado para noivas (e noivos, cada vez máis), que inclúe un traballo personalizado de peiteado, maquillaxe, estudo da pel e do rostro… Un labor feito tanto antes, con entrevistas e deseño das cellas, como na propia data da voda, onde varios profesionais se desprazan para sacar a mellor cara protagonista. “É un servizo moi coidado e detallista, porque agora mesmo a xente está moito máis preocupada pola propia imaxe, en especial na que se proxecta coa mirada”, apostila a encargada.

Giovanna opina que a importancia dunhas cellas e pestanas ben coidadas é primordial: “Antes facíanse servizos dramáticos de micropigmentación. Agora búscase sempre a maior naturalidade posible, ademais dun trato individualizado, para que non todas vaian coas mesmas cellas”, comenta. Esta parte do corpo, di Giova, suponlle unha obsesión desde pequena, pois “a base de mala depilación moitas mulleres chegan a certas idades coas cellas distorsionadas, e iso non volve medrar”. Un rasgo que, de coidarse como é debido, rexuvenece moito o rostro. Tamén realizan moitos postratamentos, é dicir, tarefas especializadas en persoas que por diferentes motivos (inmunodeficiencia, enfermidade, alopecia, quimioterapia…) perden o peluxe nas cellas, algo que pode chegar a marcar moito, segundo a profesional.

Giova Visagismo | Rúa de Lepanto, 17, baixo | giovavisagismo.es | 886 13 44 76 | @giova_visagismo

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.