VIALIA
CAMELIAS MASCOTAS

Fundación Sales

A Fundación Sales é un dos lugares máis fermosos da nosa cidade, malia que moita xente aínda non a coñece. Un oasis de verde e tranquilidade onde o tempo semella transcorrer máis amodo. Este verxel é a ubicación idónea para que a rapazada a partir de 4 anos desfrute un verán rodeados de natureza, familiarizándose coa fauna, flora e o medio ambiente en xeral. Realizarán xincanas, xogos cooperativos e actividades artísticas sempre coa natureza como protagonista.

Haberá un grupo para nenos e nenas de 4 a 6 anos e dous grupos para os maiores de 6. Cada grupo constará de máximo 10 nenos e terán ao seu cargo un profesor. O horario é de luns a venres de 9:30 a 14:00, con inscrición mínima de unha semana. Hai posibilidade de solicitar o servizo de guardería unha hora antes ou despois das indicadas anteriormente. O prezo é de 89 euros semanais (80 para os amigos da Fundación).

REVISTA NOVEMBRO

A cativada que participe neste campamento trata un tema diferente cada día: fauna, flora, medio ambiente, xincanas, xogos cooperativos… Os grupos organízanse en función da idade, pero todos se adentran na natureza deste espectacular xardín botánico.

Datas: 24 de xuño a 6 de setembro (excepto a semana do 12 de agosto)
Idade: a partir dos 4 anos
Prezo:
89,00 € semanais (80,00 € para os amigos da fundación)

Av. Europa, 52, 36212 | info@salesxardin.com