REVISTA ABRIL

Fotos e música na escuridade esta noite en PeluqArt

A programación artística do espazo multidisciplinar PeluqArt arranca 2018 con unha clara aposta pola fotografía. A fotoxornalista galega Sonia Daponte inaugura hoxe, sábado, ‘Voces Interiores’. Trástase do traballo máis persoal da fotógrafa galega que se desfai das súas pantasmas e fainos reflexionar sobre a realidade tal como a vemos e tal como é.

A inauguración será un acto tan especial como as fotografías de Daponte: a perruquería estará as escuras e o espectador terá que explorar a exposición iluminándoa coa luz da lanterna. O propósito desta posta en escea é provocar no público unha sensación de expectación, de descubrimento: as fotografías xogan con varias realidades e a luz da lanterna engadirá máis. RNST Dj porá música ao evento, no que os espectadores acudirán tamén a unha performance na que a perruqueira Sara García amosará o seu traballo na escuridade (cortando, peiteando, tinguindo…), coa única iluminación dun casco con unha dobre función: iluminar para que a estilista poda traballar e servir de soporte a un circuito de luces LED que animará a bailar ao riitmo da música.

REVISTA ABRIL

PeluqArt naceu co soño de transformar un espazo clásico, unha perruquería, nunha galería de arte multidisciplinar, onde as limitacións non existen. Ademais de servizos de perrquería artísticos, o equipo de PeluqArt alenta e facilita que os proxectos creativos da cidade teñan un espazo onde amosarse. Con máis de 12 proxectos plásticos xa realizados, no 2018 a programación ábrese coa mostra de Sonia Daponte.

Sonia Daponte
A fotoxornalista Sonia Daponte ten traballado para Faro de Vigo , AGN, El País Galicia , Atlántico Diario… As súas fotografías teñen sido portada dos libros ‘Erato baixo a pel do desexo’, do escritor Xosé Luis Méndez Ferrín e ‘Antoloxía erótica’ unha compilación de Pura Salceda. A influencia dalgúns dos seus fotógrafos favoritos: Emilio Morenatti, Eloy Alonso e Ofelia de Pablo a converteron nunha magnífica cazadora de instantes.

Coa colaboración de Tinta Negra
O proxecto artístico PeluqArt non sería viable sen o apoio doutras empresas. Nesta ocasión Tinta Negra porá un toque de sabor a inauguración con creacións como os seus mini gintónics con twist de lima. Ademais, cando remate a inauguración (1:30 aproximadamente) Tinta Negra acollerá o fin de festa en pleno corazón de Churruca, na rúa Irmandiños.