REVISTA MARZO

#FNL4 programación do venres

Na xornada do venres o Festival Nun Local trasládase ao Barrio de Casablanca. Unha zona que nos últimos tempos está a coller gran pulo grazas ao impulso dos hostaleiros e comerciantes da zona. As actuacións comezarán ás 19:30 e se prolongarán durante toda a tarde-noite.

Banner A Movidiña

Os ritmos cubanos de Reyner Aldana son os encargados de inaugurar a segunda xornada do Festival Nun Local. O cubano afincado en Moaña actuará ás 19:30 en El Huerto de Lucas e presentará o seu primeiro traballo en solitario. Nel poderemos atopar ritmos africanos, pop, rock, bolero e mesmo electrónica, sempre aderezado con doses de improvisación en directo. A mesma hora comeza o concerto da cantante e actriz Cora Sayers en La Leyenda. Presentará o seu derradeiro traballo ‘Sandoval, 4’. Un dos espectáculos máis visuais do festival terá lugar ás 20:30 no parking Casablanca. A bailarina Clara Ferrao interpretará a peza de danza contemporánea ‘Miñaxoia’, coa que pretende expresar mediante o caos ao risco ao que estamos expostos. A música country virá da man da artista viguesa Sanny, que a partir das oito e media en La Comedia trasladaranos coa súa voz, guitarra e harmónica ao folk ianqui. Ás 9 da noite na libraría Versus actuará o multidisciplinar artista Velpiseter que define o seu traballo como ‘musicoplastidrama’, que é a mestura de música, literaturas (contos ou poemas), vídeo e escenografía, todo xunto e ao mesmo tempo no escenario por unha soa persoa.

Se o que tes son ganas de botar unhas risas non debes perder a peza de microteatro ‘A bonequiña’, ás 21:30 na Tetería Rosalinda, o show de Richard o ventrílocuo e a súa boneca, Sally. A mesma hora en La Rosa Negra a agrupación Son Trío, formada por Su Garrido Pombo (voz), Katerina Linke (piano, composición) e Susanna Blanco (cello), presenta o proxecto “Miña almiña”, con músicas orixinais e textos baseados na obra de Rosalía de Castro. A actuación irá acompañada da exposición da artista Laura Cochón que creou unha serie de ilustracións para acompañar a actuación de Son Trío.

Para pechar a noite, maxia e música. Ás once arrancan os derradeiros espectáculos do festival na xornada do venres. No mesón Padrenda Mr Kebab, un absurdo mago de orixe turco, introducirá ao público na idea do dadaísmo, do “anti”, antimaxia, antiarte, antipúblico… setenta minutos de delirio irreverente. En El Contrabajo o músico e compositor angolano Alberto Mvundi trasladará aos asistentes aos ritmos tradicionais da súa terra, nun concerto no que combinará a súa voz, a guitarra, a harmónica e a percusión. E, en La Pecera a música virá acompañada de grandes doses de humor co concerto de Los Bóvidos, poderíamos dicir que se trata dun grupo de pop rumbero en español, pero o certo é que o estilo dos Bóvidos é inclasificable. A súa seña de identidade é o humor, as letras ácidas e tremendas doses de cachondeo.

(GMT+01:00) La Leyenda (Casablanca)


(GMT+01:00) Llévame al Huerto


(GMT+01:00) Garaje-Autoescuela Casablanca


(GMT+01:00) La Comedia


(GMT+01:00) Librería Versus


(GMT+01:00) Tetería Rosalinda


(GMT+01:00) Mesón Padrenda


(GMT+01:00) La Rosa Negra


(GMT+01:00)


(GMT+01:00)