REVISTA ABRIL

Grande Amore e Vera Fauna entre as novas confirmacións do Underfest

O Festival Underfest pecha o seu cartel co anuncio das actuacións de Grande Amore, Vera Fauna, Sila Lua, Colectivo DA SILVA e The Bo Derek’s. Aínda que os abonos para o evento están esgotados as entradas individuais para cada un dos concertos xa están á venda a través de Ataquilla e Teuticket.

REVISTA ABRIL
David Lago, director do Festival Underfest, durante a presentación do evento no Auditorio Mar de Vigo. | D. Carballás

Este sábado día 2, Rigoberta Bandini será a encargada de presentar o Festival Underfest que se celebrará na nosa cidade entre o 7 e o 12 de outubro. Ao longo de sete días este evento musical ten programados 14 concertos en diferentes recintos da cidade. Esta mañá, durante a rolda de presentación do festival, a organización revelou os últimos artistas en sumarse ao cartel: Vera Fauna e Grande Amore que actuarán en Radar o venres 8 e sábado 9 respectivamente, Colectivo da Silva o venres 8 na Masterclub e The Bo Derek’s o mesmo día en La Iguana. Por último, Sila Lúa estará acompañando a La Mala Rodríguez o luns 11 no teatro Afundación.

Aínda que os abonos para o festival hai semanas que se agotaron, xa están dispoñibles as entradas individuais para todos os concertos a través da web de Ataquilla a excepción dos que teñen lugar no Auditorio Mar de Vigo que se poden adquirir a través de Teuticket. A organización sinala que aínda que non se recuperou a normalidade nas xiras internacionais, están a redobrar os seus esforzos para achegar a nosa cidade propostas chegadas alén das nosas fronteiras que combinadas con importantes artistas nacionais e locais configuran unha combinación moi ecléctica e de altísima calidade.

Aquí tedes toda a programación e a localización dos diferentes concertos:

  • Sábado 2 – Rigoberta Bandini / 21:30 (Hall do Auditorio Mar de Vigo)
  • Xoves 7 – BFlecha / 21:00 (Auditorio Municipal do Concello de Vigo)
  • Venres 8 – Verafauna / (Sala Radar)
  • Venres 8 – Mastodonte / 21:00 (Cine – Teatro Salesianos)
  • Venres 8 – Colectivo Da Silva / (Sala Master Club)
  • Venres 8 – The Bo Derek’s / (La Iguana Club)
  • Sábado 9 – Lina_Raül Refree + Margarida Mariño / 19:00 (Cine – Teatro Salesianos)
  • Sábado 9 – Grande Amore / (Sala Radar)
  • Sábado 9 – Leifur James / 21:00 (Ubicación por confirmar)
  • Sábado 9 – The Mystery Lights / 23:45 (La Iguana Club)
  • Luns 11 – Lina_Raül Refree + Margarida Mariño / 19:00 (Cine – Teatro Salesianos)
  • Luns 11 – Mala Rodríguez / 21:30 (Teatro Afundación)
  • Martes 12 – Toundra performing ‘Das Cabinet des Dr. Caligari’ / 20:00 (Cine – Teatro Salesianos)