REVISTA ABRIL

Festa paralela no Chiringo do Paseo en Bouzas

Festa ao cadrado en Bouzas. Paralelamente ás Festas de Bouzas desta fin de semana, O Chiringo do Paseo organiza unhas xornadas cargadas de música e diversión. Do xoves ao domingo actuarán 8 DJ’s e o showman vigués Tony Lomba.

Tony Lomba nunha edición pasada do Chiringo do Paseo de Bouzas. | Facebook @ochiringodopaseo

Esta fin de semana o barrio de Bouzas non durme, xa que ademais das súas clásicas Festas e dos esperadísimos fogos artificiais, O Chiringo do Paseo oferta unha serie de actuacións musicais para danzar toda a noite. De xoves a sábado serán a partir das 00:30, e o domingo o comezo será dúas horas antes.

REVISTA ABRIL

Como pre-festa estará Rodri Vegas, o DJ residente do local La Movida en Redondela. O venres, coas Festas xa comezadas, é o turno do incansable Tony Lomba, que estará acompañado polo DJ Mich Golden, residente do Chiringo.

Ao día seguinte volve xogar en casa Mich Golden, e estará acompañado por Croknte, Óscar Couto, Borja Martiño (Urban See), Dani Muñoz (Expirience) e Dani Villa (Matinée Music). A festa Urban Sea, de entrada gratuita, terá lugar desde as 16:00 da tarde, e haberá air cava, colchonetas, megatrón, balóns de praia e comida. Para pechar esta intensa finde, o domingo os DJ’s Dani Villa, Dani Muñoz, DJ Charlie e Mich Golden poñerán o broche de ouro a estas divertidas Festas.

Nova opción de ocio na zona de Bouzas, especialmente para esta fin de semana que promete ser canto menos intensa. Música e moita festa ao carón da auga é o que nos agarda no Chiringo nas próximas xornadas.