REVISTA ABRIL

Fest Galicia apoia aos festivais cunha programación online

A Xunta pon en marcha ‘Fest Galicia en liña Xacobeo 2021’ unha serie de actuacións musicais online e outras actividades organizadas polos 13 festivais adscritos á plataforma ‘Fest Galicia’. Estes eventos desenvolveranse a partir de xullo e servirán para apoiar economicamente as produtoras organizadoras destes eventos.

Imaxe da última edición do Festival Portamérica, celebrado en Caldas de Reis.

Todo apunta a que este verán non poderemos gozar dos eventos estivais que máis nos gustan: os festivais. Máis, ‘Fest Galicia’, a marca desenvolvida pola Xunta de Galicia para apoiar aos festivais galegos, vén de anunciar que en colaboración cos 13 festivais adscritos á plataforma desenvolverán unha programación en liña. Serán concertos online e outras actividades que xustifiquen o apoio de ‘Fest Galicia’, as produtoras organizadoras destes eventos. “A prioridade deste novo proxecto céntrase en apoiar economicamente as súas empresas produtoras para que o ano que vén poidan
regresar cunhas edicións e carteis tan sobresaíntes como os inicialmente previstos para 2020
“, explican desde a platafoma.

Formarán parte desta nova plataforma de difusión 13 eventos, coa incorporación do Under Fest de Vigo aos 12 encontros xa adscritos a FEST Galicia nas anteriores edicións: PortAmérica (Caldas de Reis), Resurrection Fest (Viveiro), Atlantic Fest (Vilagarcía de Arousa), Vive Nigrán, Sinsal SON Estrella Galicia (Illa de San Simón, Redondela), 17º Ribeira Sacra (Monforte de Lemos, Sober, Castro Caldelas, Ribas de Sil e Nogueira de Ramuín), SonRías Baixas (Bueu), Revenidas (Vilagarcía de Arousa), Cantos na Maré (Pontevedra), Festival de la Luz (Boimorto), Caudal Fest (Lugo) e WOS festival (Santiago de Compostela).