Éxfico Clothing, recortes con estilo
Éxfico Clothing é unha marca de roupa creada polo deseñador gráfico Alberto Brandon en 2006, cando estudaba en Vigo. Nese momento decidiu producir as súas primeiras pezas, empapándose do ambiente musical, o skate e o ritmo da cidade como grandes inspiracións.
As pezas de Éxfico están dirixidas a persoas con inquedanzas artísticas, con empatía cara ao que nos rodea e con ganas de explorar a extraordinaria a beleza oculta das cousas. As ideas de cada unha das súas coleccións parten das viaxes e dos artesáns locais que o deseñador, coñecido na casa como «O Recortiños», vai atopando polo camiño. En padróns, estampados e formas a marca sintetiza a mestura cultural, contando unha historia en cada colección.
Éxfico Clothing deseña na Guarda, onde Brandon abriu a tenda Éxfico Concept Store, un lugar onde atopamos roupa, vinilos e unha coidada selección de obxectos de diferentes artistas, ademais dunha ampla colección propia de souvenirs. A produción téxtil realízase en pequenos talleres no norte de Portugal e a súa filosofía consiste en optar por pezas orixinais, cómodas e de gran duración. Vístete cun estilo que tan ben loce en concertos e festivais de verán. Enche o armario de recortes con estilo!
@exficoclothing | exficoclothing.com
Estela Gómez
Últimos posts de Estela Gómez (ver todos)
- Volve escribir a man con Panda Bohème - 18 Decembro, 2024
- Nove ideas de regalo local - 5 Decembro, 2024
- Triqueta Editora, pequenos grandes lectores - 7 Novembro, 2024
- Newt Crafts, artesanía arraigada - 27 Setembro, 2024
- Éxfico Clothing, recortes con estilo - 16 Xullo, 2024