
Detalles do eventos
Víctor Elías conta a súa vida, pero desde logo non é unha vida calquera. O que foi un dos protagonistas da serie Los Serrano, sóbese ao escenario a
Detalles do eventos
Víctor Elías conta a súa vida, pero desde logo non é unha vida calquera. O que foi un dos protagonistas da serie Los Serrano, sóbese ao escenario a modo de traxicomedia para desengranar distintas etapas da súa vida, da nenez á trintena.
En clave de traxicomedia e acompañado do seu piano, o actor e músico Víctor Elías cóntanos en #Yosostenido a súa vida. Pero ollo, esta non é unha obra soamente sobre a vida de Víctor Elías. Esta montaxe trata dos prexuízos, trata do medo e da valentía que hai que ter para superalos. Trata de aprender a rirse dun mesmo e da imaxe que se proxecta de nós. Trata de sosterse e de que che sosteñan.
Víctor é moitas cousas: é o fillo mediano dos Serrano, o da escobilla e é o teclista de grandes músicos nacionais. É director musical e é actor. Pero iso é só o que se ve a primeira vista. Ademais, é un tipo moi especial e tivo unha vida moi especial. En #YoSostenido veu a falarnos da súa vida, da súa condición de xoguete roto, da súa especial relación cos seus pais Vén contarnos que hai vidas que teñen unha orde lóxica e outras, como a súa, máis desordenadas e caóticas.
Era un profesional da interpretación con apenas 6 anos, era un barco á deriva aos 20, é un tipo que pelexou por cumprir os seus soños con 30.
Máis
Hora
9 maio, 2025 21:00(GMT+02:00)
Localización
Teatro Salesianos
Rúa de Venezuela, 3, 36203 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualmaio
- Mes actual