
22abr19:00Yannick Bellon no MARCOACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00 MARCO
Detalles do eventos
O MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, en colaboración con Filmoteca Vasca, Les films de l’equinoxe organizan unha xornada dedicada a Yannick Bellon. De
Yannick Bellon no MARCO
O MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, en colaboración con Filmoteca Vasca, Les films de l’equinoxe organizan unha xornada dedicada a Yannick Bellon.
De familia comprometida coas ideas progresistas e o mundo da cultura, Yannick Bellon (Biarritz 1924 – París 2019) dáse a coñecer cando a súa curtametraxe Goémons (1948) obtén o Gran Premio da Bienal de Venecia. Setenta anos despois, pecha a súa filmografía con D’où vient cet air lointain?. Entre ambas as dúas, unha secuencia de marabillosas historias e reflexións, sempre vencelladas a unha mirada comprometida coa súa época.
En conmemoración á sua traxectoria, o MARCO dedicará a tarde do sábado 22 á proxección dunha das súas obras ‘Quelque part quelqu’un (98’ VOSE).’
Sábado 22 ás 19:00h no MARCO.
Programa
19:00 H.CONVERSA PRESENTACIÓN
Participantes
Eric Le Roy e Luisa Etxenike, autor e tradutora do libro Yannick Bellon. La mirada de frente
20:00 H. PROXECCIÓN
Quelque part quelqu´un
Reservas en comunicacion@marcovigo.com
Máis

(Sábado) 19:00
MARCO
Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra