
Detalles do eventos
Conferencia sobre a menciña popular galega e o impacto que esta ten na produción da artista Nuria Ferreiro, que conta cun rico acervo persoal herdeiro dos saberes de
Xornadas para a comunicación: Menciña popular
Conferencia sobre a menciña popular galega e o impacto que esta ten na produción da artista Nuria Ferreiro, que conta cun rico acervo persoal herdeiro dos saberes de varias xeracións de menciñeiras.
Establece unha ponte entre a antropoloxía á par que a etnografía e a arte actual, que presenta a través de ‘Convite ao avecer’ en exposición no Museo Liste.
Estará acompañada polo antropólogo Rafael Quintía, membro fundador e presidente da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) e vicepresidente da Asociación Galega de Antropoloxía (AGANTRO). Leva máis de trinta anos vencellado ao asociacionismo, ao activismo e á dinamización sociocultural e patrimonial.
Mércores 21 ás 17:30
Máis

(Mércores) 17:30
Museo Liste
Calle Pastora, 22, 36210 Vigo, Pontevedra