
Detalles do eventos
Caspervek, banda viguesa dedicada á musicalización en directo de cinema mudo celebra este mes de xullo as primeiras Xornadas de Cinema Mudo e Música de Vigo no xardín
Detalles do eventos
Caspervek, banda viguesa dedicada á musicalización en directo de cinema mudo celebra este mes de xullo as primeiras Xornadas de Cinema Mudo e Música de Vigo no xardín botánico da Fundación Saes.
O cinema mudo de verán de Caspervek foi un habitual na programación do xardín situado na Avenida de Europa e nesta ocasión, o público poderá gozar de tres días de proxeccións, música e actividades paralelas. Antes de cada película expertos en cine e música comentarán as claves máis importantes dos filmes.
O 6 de xullo ás 22:00 as xornadas arrincarán cun clásico do cinema soviético: O Acoirazado Potemkin de Sergei Eisenstein, considerada unha das mellores películas da historia do cinema e que contén a icónica escena das Escaleiras de Odessa.
O venres día 7 ás 22:30 será a quenda para a velada máis experimental, titulada Noite de Curtas, que nos traerá unha selección de curtametraxes das orixes do cinema nos que se citarán o surrealista Man Ray, o ilustrador alemán Walter Ruttman, o aragonés Segundo de Chomón ou o pai do cinema fantástico, Georges Méliès. Todo iso celebrado nun formato de microconciertos e microespacios ao longo da Fundación Saes.
O último día do festival, o sábado 8 de xullo ás 21:00, acollerá un especial Buster Keaton coa proxección de dúas das súas películas máis coñecidas: O moderno Sherlock Holmes e O heroe do Río; toda unha homenaxe a un dos grandes xenios da comedia do século XX.
Ademais dos cinema-concertos, o programa complétase con exposicións, roteiros interactivos, conferencias e charlas previas antes de cada proxección, na que diversos expertos contextualizan as películas. Incluso os asistentes poderán participar nunha escape room de temática cinematográfica polos xardíns da Fundación.
Máis
Hora
6 xullo, 2023 22:00(GMT+02:00)
Localización
Fundación Sales
de, Av. Europa, 52, 36212 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualmaio
- Mes actual