
Detalles do eventos
Mariola Mourelo, creadora de @ffotoeduca, guiaranos por este roteiro fotográfico polas rúas de Vigo durante a mañá, coñecendo ás mulleres que as habitaron e recollendo
Detalles do eventos
Mariola Mourelo, creadora de @ffotoeduca, guiaranos por este roteiro fotográfico polas rúas de Vigo durante a mañá, coñecendo ás mulleres que as habitaron e recollendo imaxes.Iniciaremos o noso percorrido ás 11:00 no MARCO e chegaremos ao noso local na Rúa Enrique Xabier Macias, 6, ás 14:00, onde poderemos comer todas as participantes. Podese traer a comida ou encargar o menú de Outroconto.
Pola tarde, empregaremos estas imaxes para facer unha relectura dos espazos visitados no pasado e no presente, nun laboratorio creativo que terá lugar na Morada. Realizaremos unha obra colectiva empregando o material, as ideas e reflexións que traemos do roteiro. Será conducido por Fedra Alcaraz, responsable do noso taller artístico.
11:00 Saída do MARCO (Príncipe, 54) – Roteiro fotográfico
14:00 Xantar na Morada (Enrique X. Macías, 6)
16:00 Laboratorio creativo
18:00 Fin da actividade
Esta xornada está financiada pola @Deputación de Pontevedra e as participantes non teñen que pagar nada, excepto o menú se o encargan.O menú é Gazpacho + Pizza vegana con ensalada = 12 euros con bebida e café ou infusión incluídas.
As inscricións son obrigatorias a través deste enlace: https://forms.gle/ojwShD7w7xjDm2mL7 ou escribindo a este correo: ola@amoradacooperativa.com
Máis
Hora
18 xuño, 2022 11:00 - 18:00(GMT+02:00)
Localización
MARCO
Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra