Xornada de Portas Abertas no CSIC
Detalles do eventos
Dende o Instituto de Investigacións Mariñas do IIM-CSIC, na vila de Bouzas (Vigo), comprácenos informarvos da Xornada de Portas Abertas que estamos a preparar para celebrar o noso 50 aniversario
Detalles do eventos
Dende o Instituto de Investigacións Mariñas do IIM-CSIC, na vila de Bouzas (Vigo), comprácenos informarvos da Xornada de Portas Abertas que estamos a preparar para celebrar o noso 50 aniversario como parte da veciñanza desta vila.
Agradeceremos, ademais, a difusión desta información polas vosas redes de contactos. Anexamos algún materiais para uso en redes, servizos de mensaxería e cartaces.
O evento decorrerá o día 12 de setembro, martes, na sede do noso Instituto (rúa Eduardo Cabello, 6). Ese día teremos organizadas 5 quendas para participar en visitas guiadas polo interior do noso Instituto, con demonstracións dos experimentos e traballos que o persoal investigador e técnico do centro leva a cabo día a día, descubrindo os misterios do océano e aportando solucións á sociedade dende o noso barrio.
Horarios:
10h, 11:30h, 13h, 16h, 17:30h
Nas quendas das 10h e das 16h contaremos coa posibilidade de ter unha visita interpretada en lingua de signos española.
Entradas:
O evento é totalmente gratuíto con rexistro previo. O rexistro pode ser presencial (de L-V, de 8 a 20h) na entrada do Instituto, ou a través deste evento de EventBrite.
Máis
Hora
12 setembro, 2023 10:00 - 17:30(GMT+01:00)
Localización
CSIC
6 Rúa de Eduardo Cabello