REVISTA ABRIL

Xornada de portas abertas no centro de investigación CINBIO

14out16:00Xornada de portas abertas no centro de investigación CINBIOACTIVIDADES PARA O COCO | De balde16:00(GMT+02:00) CINBIO, Centro de Investigacións Biomédicas

Detalles do eventos

O 14 de outubro pola tardeserá o día que o centro abra as súas portas para unha visita dirixida ao público xeral. Arredor de 70 persoas poderán visitar os distintos laboratorios e participar nalgúns experimentos organizados polas nosas investigadoras e investigadores. Esta visita non está inicialmente pensada para nenos e nenas, aínda que tamén son benvidos/as.

A visita incluirá catering e unha pequena xincana científica. Simultaneamente, gravarase unha edición monográfica sobre o CINBIO no programa de radio Efervesciencia da CRTVG ao que se poderá asistir como público. Nel participarán investigadoras e investigadores como Miguel Correa, Isabel Pastoriza, Verónica Salgueiriño, Diana Valverde e Marina Peña.

Por este motivo, a visita divídese en dous tipos: unha vistando os laboratorios (máx. 50 persoas) e outra visitando menos laboratorios pero asistindo como público ao programa Efervesciencia (máx. 20 persoas). Para poder asistir a calquera destas dúas visitas é necesario rechear algún dos formularios que atoparás nas ligazóns de máis abaixo (lembra que son excluíntes: asistir a unha das visitas impide poder asistir á outra, xa que se desenvolveran de maneira simultánea)

Formulario para visita

Formulario para visita + Efervesciencia

As persoas seleccionaranse por orde de inscrición ata rechear plazas e recibirán un correo confirmando que foron seleccionadas uns días antes da visita.

Máis