REVISTA ABRIL

Xogo das letras

16mai11:15Xogo das letrasPEQUERRECHOS | De balde11:15(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

A actividade consiste nun xogo de probas e preguntas por equipos, co Día das Letras Galegas e Xela Arias como temática principal. Cada equipo irá tirando por quendas un dado de grandes dimensións no que figuran varias accións diferentes: DEMOSTRA O QUE SABES, PROBA, PICTIONARI, SORPRESA, A CREAR
Por cada proba superada ou pregunta respondida correctamente, o equipo recibirá unha puntuación determinada que irán acumulando. Cada equipo recibirá ao final do xogo un PREMIO de acordo coa puntuación total acadada.

Trátase dunha actividade 100 % participativa que consegue que as persoas aprendan mentres se divirten a través do xogo. Sorprendentemente envoltos no xogo converteranse en escritores/as, actores/as, ilustradores/as, cantantes… pasándoo en grande durante o proceso. Durante o xogo, os/as nenos/as, e tamén as persoas adultas, aprenderán moito sobre Xela Arias, homenaxeada deste ano, sobre o seu legado literario e descubriremos momentos importantes na súa vida e curiosidades sobre ela e outros/as homenaxeados/as.

Dirixido a familias con nenos e nenas entre os 6 e os 10 anos (participarán no xogo tanto as persoas adultas como os/as nenos/as). A dita actividade realizarase seguindo todas as recomendacións sanitarias polo que é preciso portar máscara.
Duración: 90 minutos

Entrada de balde, cómpre a inscrición previa para distribuír as e os participantes por equipos familiares. A inscrición tramítase unicamente a través do Servizo de Atención Telefónica do Concello de Vigo – 010 (desde teléfono móbil: 986 81 02 60), a partir do luns 10 de 8:00 a 20:00.

Domingo 16 ás 11:15

Máis

Hora

(Domingo) 11:15(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events