Este é un evento repetitivo30 decembro, 2022 21:30
Xira Xirarei, concerto de Nadal de Tony Lomba e Elio dos Santos
Detalles do eventos
Tony Lomba e Elio dos Santos celebrarán o seu tradicional concerto de Nadal os días 29 e 30 de decembro na sala La Fábrica de Chocolate. As entradas
Detalles do eventos
Tony Lomba e Elio dos Santos celebrarán o seu tradicional concerto de Nadal os días 29 e 30 de decembro na sala La Fábrica de Chocolate. As entradas xa están á venda na web de Woutick!
O título do concerto deste ano, Xira Xirarei, fai referencia á canción inédita que estrearán para tal ocasión, algo que tamén é xa tradición. Eladio Santos adianta que a letra parafrasea nalgún momento o Xirarei de Xil Ríos, pero que o ritmo “vai por outro lado completamente distinto”, e recoñece que ainda están traballando en acabala.
Tony Lomba e Eladio Santos coñecéronse nun concerto de bandas en 1993. A banda de Lomba, Unión Penosa, quedou en primeira posición, mentres que a de Santos, Foggy Mental Breakdown, quedou de segunda. Pero o hito máis importante daquel oncurso foi involuntario: propiciar o encontro nos camerinos de dous dos músicos máis coñecidos e queridos de Vigo.
Ao ano seguinte estreáronse como Los tres sudamaricones, banda que formaban con Rubén Suárez (Family Folks) e que supuxo o primeiro gran éxito dos tres músicos. Xiraron pola península e grabaron un disco xunto a Billy King (Killer Barbies) “nun só día porque non había máis presuposto”, rememora Eladio. O primeiro concerto de Los tres sudamaricones foi no Nadal de 1993, no difunto bar da zona de Churruca La Caverna, e desde ese momento o concerto converteuse nunha tradición ineludible para os dous artistas.
Aquel proxecto perdeu inercia e a partir de 2000 convertéronse en Tony Lomba e Elio Santos. Ambos teñen as súas bandas por separado, pero regálannos cada ano un concerto (ou dous) polo Nadal e un novo hit, acotío cheo de ironía, como ‘España, España’ ,’Ay Yoli Yoli’ ou ‘Vaya tío’, dedicada ao alcalde.
Máis
Hora
29 decembro, 2022 21:30(GMT+01:00)
Hoxe móvese
Mes actualnovembro
Séguenos nas redes