XI Carreira Vigo Contra el Cáncer
Detalles do eventos
Este domingo 13 pechan as inscricións para participar na XI Carreira Vigo contra el cáncer. Preme aquí para inscribirte.
Detalles do eventos
Este domingo 13 pechan as inscricións para participar na XI Carreira Vigo contra el cáncer. Preme aquí para inscribirte.
O próximo 20 de outubro, as rúas de Coia volverán tinguirse de azul contra o cancro coa celebración da XI edición da carreira Vigo Contra el Cáncer. As inscricións xa están abertas para todas as modalidades: a carreira competitiva de 10 km que puntúa para o circuito Vigo Run Run, a modalidade non competitiva de 5 km que se pode facer correndo ou camiñando e o dorsal 0 para aquelas persoas que non poidan participar o día do evento pero queiran apoiar esta causa solidaria. A inscrición pode realizarse en liña a través da páxina web vigocontraelcancer.com ou de maneira presencial, na planta de deportes do Corte Inglés.
O percorrido desta proba deportiva é o mesmo que o das últimas edicións, con saída desde a explanada onde se celebran as festas de Coia e itinerario pola Avenida Castelao e Avenida de Europa ata a altura da Fundación Sales onde se realiza un cambio de sentido para volver polo mesmo traxecto ata a praza de América. Os corredores inscritos na proba de 10 km deben dar dúas voltas ao circuito. Como cada ano, levarase a cabo unha proba adaptada con saída deste mesmo lugar ás 9:45 horas. Despois sairán os corredores de 10 km ás 10:00 h, e por último os de 5 km ás 10:45 h.
Os dorsais poderán recollerse o sábado día 19/10 (en horario de 10:00 a 21:00 horas, no Corte Inglés) ou o propio domingo día 20/10 na explanada de Coia, (de 08:00 a 09:30 horas no caso dos corredores de 10km, e de 08:00 a 09:45
horas para aqueles participantes na proba de 5km). Nesta undécima edición tamén estará dispoñible o servizo de gardarroupa; os corredores poderán deixar as súas pertenzas no mesmo ata media hora antes da saída da súa proba. Os participantes e os seus acompañantes tamén poderán participar en diversas actividades que completarán a xornada.
A Asociación Vigo Contra o Cancro financiará, co diñeiro recadado, por primeira vez un estudo de cancro de cérvix ou pescozo uterino; o cuarto cancro máis común nas mulleres.
Prezo 9,00 € carreira de 5 km e 13,00 € carreira de 10 km.
Máis
Hora
20 outubro, 2024 10:00(GMT+01:00)
Localización
Alcampo (Coia)
Rúa do Grove, 1, 36209 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes