Xhamain rende homenaxe á afección do Celta co seu novo tema: 'A Nosa Canción'
Detalles do eventos
O sexteto vigués, Xhamain, vén de rematar a gravación do seu último traballo musical, ‘A Nosa Canción’, unha homenaxe á apaixonada afección do RC Celta, con colaboracións especiais
Detalles do eventos
O sexteto vigués, Xhamain, vén de rematar a gravación do seu último traballo musical, ‘A Nosa Canción’, unha homenaxe á apaixonada afección do RC Celta, con colaboracións especiais e un videoclip cheo de sorpresas. Nesta obra audiovisual, contan coa participación especial de dúas das grandes lendas do celtismo: o gran Sergio Álvarez, O Gato de Catoira, e o inesquecible Manolo, O Gran Capitán. A súa presenza trae consigo a historia e o orgullo do clube, reforzando a conexión entre a música, o fútbol e a cidade.
Ademais, tanto no video como no propio audio da canción, tamén podemos desfrutar das voces de case 70 artistas que se unen de xeito coral para entoar unha das partes máis emocionantes da canción, transmitindo a sensación de estar no propio estadio. Todo isto a un tempo de 192,3, unha referencia ó ano da fundación do clube. As peñas celtistas tamén son unha parte importante, aparecendo varias delas pasándose un balón que vén desde unha nena xogando soa, compartindo a súa paixon con elas e con Manolo, para rematar aparecendo no céspede de Abanca Balaídos nun final memorable con Sergio Álvarez.
Os emprazamentos escollidos para a gravación deste videoclip non foron aleatorios. Lugares emblemáticos de Vigo, como Praza América, a Guía, o Castro e, como non, o anteriormente citado estadio de Abanca Balaídos, serven de escenario para esta obra musical, conectando a paixón pola música co amor polo deporte e polo noso patrimonio.
Para celebrar o lanzamento, Xhamain presentará o vídeo de ‘A Nosa Canción’ na Cervecería Picoteo (Rúa Eugenio Kraff, 50 – Vigo), este venres, 18 de agosto, ás 22:00, coa entrada de balde.
E para os que non poidan asistir, tamén será publicado simultaneamente na súa canle de YouTube: youtube.com/@xhamain A banda convida a todos os medios de comunicación e ao público en xeral a unirse a eles nesta celebración, onde a música, o deporte e a cultura viguesa se entrecruzan nunha proposta apaixonante disposta a non deixar a ninguén indiferente.
Máis
Hora
18 agosto, 2023 22:00(GMT+01:00)
Localización
Cafetería Picoteo
Rúa Eugenio Kraff, 50
Hoxe móvese
Séguenos nas redes