Concurso de Beléns de Afundación
Detalles do eventos
A partir do venres 29 de novembro poderase gozar na Sala de Exposicións de Afundación de Vigo da mostra de todos os beléns que se
Detalles do eventos
A partir do venres 29 de novembro poderase gozar na Sala de Exposicións de Afundación de Vigo da mostra de todos os beléns que se presentaron á 59 edición do Concurso de beléns de Afundación.
O Concurso de beléns de Afundación é un referente na tradición cultural de Nadal en Galicia. Na categoría xeral, a gañadora resultou Rosa María Molina Magdalena; o segundo premio recaeu en Genaro Alonso Martínez; e o terceiro, en Miguel Sousa
Fernández. Na categoría para colectivos formados por menores de 16 anos, o xurado decidiu conceder o primeiro premio a Obradoiro Fósil; o segundo, ao belén presentado por Asociación Aboal; e finalmente, o terceiro premio, ao CEIP Emilia Pardo Bazán. Os accésits distinguiron a Manuel Puga Formigo e Cristina Puga Monteoliva, a Asociación Aspanaex (Centro de Adultos), a Fundación da Santa Cruz, Ballesol Pontevedra, João Fernandes, Asociación de Familiares de Alzhéimer e Outras Demencias de Galicia, e Beatriz Vigo Rodríguez.
Todos os traballos presentados abórdanse dun modo creativo que segue sorprendendo edición tras edición, na elección de encadres, nos materiais, na inspiración e no esforzo que se aprecia nos beléns presentados. Destaca un ano máis a vinculación dos beléns con Galicia e con Vigo en particular, tanto a través dos materiais empregados ―cunchas, lousa, latas de conserva…―, como polos temas reflectidos ―castros, o Celta de Vigo, a presenza dos principais monumentos da cidade e mesmo a representación da nora de Nadal―. Tamén están presentes nos beléns desta edición algunhas temáticas sociais de actualidade, como as persoas damnificadas pola DINA en Valencia ou as cuestións relativas á sostibilidade.
HORARIOS:
-Do 29 de novembro ao 20 de decembro:
Luns a venres 17:00 a 20:30 h
Sábados, domingos e festivos de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:30 h
-Do 21 de decembro ao 7 de xaneiro:
Tódolos días de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:30 h
24 e 31 de decembro e 5 de xaneiro de 11:00 a 14:00 h
25 de decembro, 1 e 6 de xaneiro estará pechado.
Máis
Hora
29 novembro, 2024 - 7 xaneiro, 2025 (Todo o día)(GMT+01:00)
Localización
Sede Afundación
Rúa Policarpo Sanz, 24-26, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualSéguenos nas redes