REVISTA ABRIL

X Concurso de Cordas 'Cidade de Vigo'

03dec(dec 3)19:00X Concurso de Cordas 'Cidade de Vigo'CONCERTOS | De balde19:00(GMT+01:00) Conservatorio Superior (O Castro)

Detalles do eventos

Volve o Concurso de Cordas ‘Cidade de Vigo’, que recolle actuacións de violín, viola, violoncelo e contrabaixo.

Organizado por la Asociación Gallega de Instrumentos de Cuerda (AGIC), o concurso terá lugar do 3 ao 6 de decembro no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

As probas son abertas ao público, con cumprimento da normativa Covid-19. O luns día 6, ás 19 horas, celébrase o concerto dos gañadores, tamén aberto ao público con entrada gratuíta ata completar aforo.

O Xurado deste X Concurso de Cordas está presidido polo Mestre Maximino Zumalave (Fundador e Director Asociado Filharmonia de Galicia) e formado por Enrique Iglesias Precedo, responsable da orquestra de nenos Sinfónica de Galicia; Marta Vélez, profesora de Violín e Música de Cámara no Conservatorio Superior de Música de Vigo; Leonardo Blanco, profesor de Violín no Conservatorio Profesional de Música de Vigo; Miguel Rocha, profesor de Violoncelo ESART Lisboa; Antonio Pereira, profesor de Viola na Universidade de Aveiro Portugal; Juan Carlos Villar, profesor de Contrabaixo no CSM de Vigo, Belén Ferreiro Pérez, profesora de Viola e de Conxunto de Viola no Conservatorio Profesional de Vigo e Fernando Areas Villarroel, profesor de Violoncelo no Conservatorio Profesional de Vigo.

Este certame, nos seus 10 anos de vida, logrou recoñecer o labor de moitos estudantes que agora se están dedicando profesionalmente a música e converteuse nun auténtico trampolín para o recoñecemento dos máis pequenos.

Máis

Hora

3 (Venres) 19:00(GMT+01:00)

Localización

Conservatorio Superior (O Castro)

Calle de Manuel Olivie, 23, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events