REVISTA ABRIL

Coruxo Móvese

14nov12:00Coruxo MóveseACTIVIDADES DEPORTIVAS | 13.00 €A Coruxo Móvese é aprazada ata o 14 de novembro por mor da pandemia.12:00(GMT+01:00) Coruxo

Detalles do eventos

Esta edición da Coruxo Móvese tamén será distinta a doutros anos, pero regresando ás orixes de Festa de deporte
inclusivo, deporte para todos, con todos.
Volve a carreira de orientación
Para atopar as balizas deberás superar obstáculos, nadar, correr, rodar ou cruzar un bulleiral, toda unha aventura que poderás compartir co teu equipo. Lembra que os equipos tamén poden ser mixtos, formados por persoas con e sen discapacidade. É a competición perfecta para demostrar o espírito de equipo e a solidariedade. Inscricións nesta ligazón.
E a andaina:
Coa que percorreremos unha vez máis a praia do Bao e a illa de Toralla. Poderemos gozar dunha contorna única xuntos! Podes vir só, coa familia ou os amigos. Apúntache e comparte connosco o paseo máis especial do ano. Inscricións aquí.
Ponte na sua pel:
Os máis pequenos terán de novo a oportunidade de poñerse na pel dunha persoa con discapacidade física, practicando distintos deportes adaptados. Os nenos experimentasen que é e que supón ter unha discapacidade física. Que mellor maneira de concienciarse e aprender que xogando! Vos podedes inscribir nesta ligazón.

Tamén podedes participar na Andaina, esteas onde esteas e cando queiras, co formato Virtual. O importante é sumar metros! Link.

Coa participación neste evento axudarás a promocionar o deporte inclusivo, apoiarás ao Centro Ponche e o noso traballo coas persoas con discapacidade física ou problemas de mobilidade. Ademais, formarás parte dun evento único.

Máis

Hora

(Domingo) 12:00(GMT+01:00)

Localización

Coruxo

Camiño Tintureira, 36330, Pontevedra

Other Events