Vive Nigrán 2020 Picnic Club Edition
Detalles do eventos
O festival Vive Nigrán, que se celebrará no Club de Tenis de Nigrán, en Praia América, os días 17 e 18 de xullo, completa o seu cartel coa
Detalles do eventos
O festival Vive Nigrán, que se celebrará no Club de Tenis de Nigrán, en Praia América, os días 17 e 18 de xullo, completa o seu cartel coa presenza de dous músicos vigueses, dani e Villanueva. Sumaranse aos nomes de Ani B. Sweet o venres e Rufus T. Firefly o sábado, respectivamente. Seguindo coas recomendacións sanitarias, a edición 2020 do festival será de formato reducido, pero non renuncia a ofrecer música en directo, bautismos en kayak e xornada de surf. As entradas xa están esgotadas.
Deste xeito, Vive Nigrán mantén a cita cos seus fieis nun formato máis reducido, e adaptándose ás circunstancias, reducindo os aforos e ofrecendo unha experiencia de música en vivo cumprindo todas as medidas sanitarias. Por iso, os espectadores deberán acudir ao recinto con máscara, e serán acomodados nos asentos que lles sexan asignados pola organización.
Máis
Hora
17 xullo, 2020 19:30 - 18 xullo, 2020 23:59(GMT+01:00)
Localización
Espazo Dunas de Gaifar (Nigrán)
Hoxe móvese
Séguenos nas redes