Vive Nigrán
Detalles do eventos
Concibido como un “ Picnic pop festival”, Vive Nigrán nacía en 2017 coa intención de ofrecer música e entretemento nun marco incomparable, situado na bahía de Nigrán e
Detalles do eventos
Concibido como un “ Picnic pop festival”, Vive Nigrán nacía en 2017 coa intención de ofrecer música e entretemento nun marco incomparable, situado na bahía de Nigrán e co impoñente perfil das Illas Cíes de fondo. Este emprazamento estratéxico en pleno Val Miñor é un dos seus trazos distintivos, no que o escenario natural é parte do espectáculo. O recinto do evento atópase a escasos metros mar, xunto ao areal de Praia América, que se estende entre Monte Lourido e Monteferro, un dos lugares con máis encanto das Rías Baixas.
Vive Nigrán, incluído no circuíto “Festivais Rías Baixas”, e dentro da marca FEST GALICIA, aúna e fusiona diferentes experiencias para todas as idades: praia, monte, mar, gastronomía, talleres e sobre todo boa música. Sen dúbida un planazo para gozar das mellores bandas da escena independente nun dos lugares máis emblemáticos da costa galega. Artistas como Novidades Carminha, Nathy Peluso, Depedro, Sidonie, Viva Suecia, Morgan, Rufus T. Firefly, Anni B Sweet..xa pasaron polo noso festival.
No apartado musical, os abonos e as entradas para o concerto de Sidecars o sábado 17 de xullo están esgotadas. Seguen dispoñibles os últimos pases para o xoves 15, venres 16 e a Sesión Vibra Mahou do sábado 17 en horario matinal, que poden adquirirse a traves da billeteira Ataquilla. O festival adáptase nesta edición a un formato especial con aforos limitados e público sentado.
Xoves 15
Walls (20:00h)
Verto (21:30h)
Locoplaya (22:50h)
Venres 16
Natalia Lacunza (20:30h)
Ginebras (22:30h)
Sábado 17 vermú
Mounqup (12:30h)
Shinova (13:30h)
Sábado 17 noite
Sidecars (22:30h) – entradas esgotadas
ive Nigrán é moito máis que música e por iso nesta edición volven as actividades complementarias cun programa que comeza cun roteiro guiado por Monteferro o mércores 14, a partir das 19:00. Esta actividade contará cun aforo reducido de 10 prazas. Para acceder a elas hai que ser seguidor en Instagram do festival (@vivenigran) e inscribirse por correo electrónico (comunicacion@vivenigran.com) achegando comprobante de ter entrada para esta edición do festival. A segunda actividade paralela será un concerto gratuíto da Escola de Rock Gain Over de Nigrán na Igrexa románica de Santiago de Parada o venres 16, desde as 13:00h no que participarán alumnos e profesores da Escola. Estas dúas accións encádranse dentro do programa Vive Patrimonio.
Por outra banda, Vive Nigrán prepara tamén o programa Vive Activo, centrado na actividade deportiva, cun forte comoñente de lecer e adaptadas a todos os niveis. O mar é o protagonista de sábado 17, para o que están programados un roteiro de kaiak e pádel surf, de 16:00 a 18:00,en Praia América. Para o roteiro, organizado en colaboración co Club Marítimo de Panxón, sortéanse 10 prazas entre as persoas que manden un correo electrónico a comunicacion@vivenigran.com e acheguen a súa entrada e sexan seguidores do festival en Instagram. Estas actividades complementarias do festival realízanse coa colaboración da Deputación de Pontevedra, dentro do programa Rías Baixas Fest.
Máis
Hora
15 xullo, 2021 20:00 - 17 xullo, 2021 23:00(GMT+01:00)
Localización
Campo de fútbol Lourido, Nigrán
Rúa Lourido Beiramar, 27, 36370 Nigrán, Pontevedra
Séguenos nas redes