Este é un evento repetitivo20 novembro, 2024 18:30
Visitas teatralizadas ao cemiterio de Pereiró
Detalles do eventos
Como cada ano por estas datas volven as visitas guiadas e teatralizadas ao ceminterio de Pereiró. Personaxes ilustres enterrados aquí, como Concepción Arenal, Irene de Ceballos (muller
Detalles do eventos
Como cada ano por estas datas volven as visitas guiadas e teatralizadas ao ceminterio de Pereiró. Personaxes ilustres enterrados aquí, como Concepción Arenal, Irene de Ceballos (muller de Policarpo Sanz), Bernardo González del Valle (Cachamuíña) e María de los Milagros Elduayen (Marquesa de Valladares), exercen de guías.
O Concello programa 63 visitas gratuítas ao ceminterio desde o 27 de outubro. Cada quenda terá unha cota de 25 persoas, que percorrerán o lugar durante unha hora e media acompañadas dun personaxe histórico da cidade. As rutas desenvolveranse ao longo de 21 días dos meses de outubro e novembro, con tres quendas en cada xornada (18:30 h, 19:00 h e 19:30 h), cunha duración de hora e media cada unha. As visitas desenvolveranse os días os días 27, 28, 29, 30 de outubro e o 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 19, 20, 21, 22 de novembro.
Os interesados en anotarse deberán facelo a través do Servizo de Atención Cidadá, no teléfono 010. O prazo de reserva de praza gratuíta comeza o venres, 25 de outubro, ás 9:30 horas. As prazas cubriranse por orde de día e quenda, ata completar aforo. Cómpre ter en conta que non estarán dispoñibles todas as vacantes á vez senón que se abren cotas semanais. Poden inscribirse tres persoas como máximo.
Punto e hora de encontro: porta principal do Cemiterio de Pereiró, 10 minutos antes da hora de inicio da visita.
Se queres afondar máis na historia do camposanto vigués, podes ler esta reportaxe que publicamos na revista A Movida de novembro de 2021.
Máis
Hora
19 novembro, 2024 18:30(GMT+01:00)
Localización
Cemiterio de Pereiró
Av. de Castrelos, 213, 36213 Vigo, PO
Hoxe móvese
Mes actualnovembro
Séguenos nas redes