outubro, 2021

27out18:3019:30Visitas teatralizadas ao cemiterio de PereiróACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:30 - 19:30 Cemiterio de Pereiró

Detalles do eventos

Como cada ano por estas datas volven as visitas guiadas e teatralizadas ao ceminterio de Pereiró. Personaxes ilustres enterrados aquí, como Concepción Arenal, Irene de Ceballos (muller de Policarpo Sanz), Bernardo González del Valle (Cachamuíña) e María de los Milagros Elduayen (Marquesa de Valladares), exercen de guías.

O Concello programa 63 oportunidades para gozar destas visitas gratuítas. Habilitaranse tres quendas diferentes (18.30, 19.00 e 19.30 horas) durante 21 días: 14, 15, 16, 17, 20, 21, 22, 23, 24, 26, 27 e 28 de outubro, así como 4, 5, 6, 7, 10, 11, 12, 13 e 14 de novembro. Cada quenda terá unha cota de 25 persoas, que percorrerán o lugar durante unha hora e media acompañadas dun personaxe histórico da cidade.

Os interesados en anotarse deberán facelo a través da web habilitada para isto. As inscricións ábrense semanalmente: a primeira semana a partir do martes 12 e as seguintes semanas cada luns, sempre a partir das 9 da mañá.

Punto e hora de encontro: porta principal do Cemiterio de Pereiró, 10 minutos antes da hora de inicio da visita.

Máis

Hora

(Mércores) 18:30 - 19:30

Localización

Cemiterio de Pereiró

Av. de Castrelos, 213, 36213 Vigo, PO

X