
Detalles do eventos
Vigo conmemora o Día Europeo dos Xardíns Históricos coa visita guiada aos xardíns do Pazo de Castrelos o 26 de abril. Una persoa experta
Visitas ao xardín do Pazo de Castrelos
Vigo conmemora o Día Europeo dos Xardíns Históricos coa visita guiada aos xardíns do Pazo de Castrelos o 26 de abril.
Una persoa experta será a encargada de realizar o itinerario para coñecer diferentes espazos como os xardíns de entrada, o xardín regular francés, o xardín paisaxista inglés, bosquete de eucaliptos ou a carreira da rosaleda, tamén as principais especies e elementos botánicos singulares así como os xardíns como elementos importantes para a conservación da biodiversidade.
Haberá catro quendas nas que participarán un máximo de 25 visitantes en cada unha delas. A primeira será ás 11:30, outra ás 12:30 e pola tarde ás 17:00 e 18:00 horas. A duración de cada visita é de entre 30 e 45 minutos.
Para participar é necesario que as persoas interesadas poden facer a reserva da súa praza no 010 ou no 986 810 260.
Máis

Todo o día (Mércores)
Museo Quiñones de León
Parque de Castrelos, Av Castrelos, s/n, 36213 Vigo, Pontevedra