VIII Festival Nas Ondas 2023
03mai20:00VIII Festival Nas Ondas 2023CONCERTOS | -20:00(GMT+02:00) Auditorio Martín Códax
Detalles do eventos
Con motivo do Festival das Ondas Daniel Pereira daranos un concerto en Vigo. Daniel Pereira graduouse cun doutoramento en artes musicais na Universidade de
Detalles do eventos
Con motivo do Festival das Ondas Daniel Pereira daranos un concerto en Vigo.
Daniel Pereira graduouse cun doutoramento en artes musicais na Universidade de Maryland, un máster na Universidade de Hartford e un diploma de artista na Universidade Estatal de Nova York, despois de finalizar o Grao Superior no Conservatorio de Vigo con José Manuel Fernández. Do seu dobre cd “90 – Scriabin Complete Piano Preludes”, Melómano destaca o seu “pianismo realmente delicioso” e Ritmo que “nos ofrece a alma de cada obra.” Os International Piano Arquives at Maryland e Melómano Dixital publican o seu proxecto Tradicións Pianísticas, e publicou We Can’t Always Play Waltzes para Carl Fischer e The Teaching of Cortot para Clavier Companion. Pereira é profesor no Conservatorio Profesional de Vigo.
Bautizadas como O Novo Testamento do repertorio pianístico, as 32 sonatas de Beethoven conforman un dos piares fundamentais da música e nas que o xenio alemán móstranos a súa evolución como compositor a través dunha constante evolución e experimentación coas formas. Este programa ofrece catro das sonatas máis famosas da serie, compostas ao redor de 1800 e cuxos coñecidos títulos foron engadidos por diferentes editores.
O mércores 3 de maio ás 20:00h no Auditorio Martón Codax.
Máis
Hora
3 maio, 2023 20:00(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Martín Códax
Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes