REVISTA ABRIL

VII Festival nas Ondas

01abr20:00VII Festival nas OndasCONCERTOS | De balde20:00(GMT+02:00) Auditorio Martín Códax

Detalles do eventos

O Festival de Música e Artes NAS ONDAS ofrece na sua séptima edición máis de 40 eventos entre o 16 de febreiro e o 2 de xuño de 2022, reforzando tanto o seu perfil internacional coma a sua aposta pola música dos compositores galegos con concertos, charlas e clases maxistráis.
O festival, integrado polos ciclos Semana da Música Antigua, De Piano, III Semana Internacional do Clarinete, PercusiónFest, Saxornadas, Explurart, Abrente e Semana das Letras Galegas, mostra o extraordinario dinamismo do Conservatorio Superior de Música de Vigo e o seu compromiso ca cultura e a súa normalización en tempos de pandemia.

Porá fin a unha semana máis do festival “Nas Ondas” un recital da percusionista polaca Magdalena Myrczik. Impartirá unha masterclass aoo longo do día no conservatorio e rematará cun recital ás 20h no auditorio. Myrczik é unha percusionista especialista en marimba que resultou premiada en numerosos concursos como o de vibráfono no “Drum Fest” de Opole(Polonia), cun primeiro lugar ou o 2º premio do concurso “Marimba Festival de Bamberg (Alemania). O recital ofrecerá un repertorio variado de marimba e percusión. Estes actos serán de entrada libre ata completar aforo.

Máis

Hora

(Venres) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Martín Códax

Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events