VIALIA
GIRANDO POR SALAS

VigoNature: Actividades educativas

22mar16:15VigoNature: Actividades educativasPEQUECHOS | - 16:15(GMT+01:00) Vigo Nature

Detalles do eventos

Programación sábado 22 de marzo:

  • 13:00h > Alimentación de fauna: Este é o horario de comida das tartarugas e iguanas, é na planta 0 do exotarium onde poderás observar a súa dieta.
  • 16:15h > O segredo dunha semente: As sementes son como caixas máxicas. Nelas hai unha planta que está durmindo, pero cando se dan unhas condicións determinadas espertan e póñense en funcionamento. Obradoiro no que se descubrirá a dinámica de funcionamento dunha semente: como esperta, se abre e se desenvolve ata formar unha preciosa planta, e que coidados precisa para elo. (+4 anos)
  • 17:15h > A horta, un micromundo cheo de vida: Verase a horta como un pequeno ecosistema no que conviven e interaccionan diferentes especies, tanto animais como vexetais. Esta biodiversidade é moi importante para o correcto funcionamento e o equilibrio da horta. Deterémonos nos invertebrados que viven no noso entorno, para coñecelos, descubrir o seu modo de vida e os efectos que teñen sobre os cultivos. (+4 anos)
  • 18:15h > Coñecendo ao noso sol: Poderás achegarte a observar o Sol, ese gran descoñecido, directamente a través dun telescopio. En caso de mal tempo substituirase a observación a través de telescopio pola construción dun reloxio solar. (+7 anos)

Programación domingo 23 de marzo:

  • 13:00h > Alimentación de fauna: Este é o horario de comida das tartarugas e iguanas, é na planta 0 do exotarium onde poderás observar a súa dieta.
  • 16:15h > Coñece os nosos saurios (Lego): Atrévete a asistir a esta actividade onde construiremos un “legosaurio” robótico e coñecerás aos saurios do noso exotarium, a súa problemática e a estreita relación cos lagartos galegos. Enfocada principalmente a dar a coñecer e por en valor aos lagartos, que son réptiles do mesmo xeito que as tartarugas, as cobras, ou os crocodilos. (+4 anos)
  • 17:15h > O mundo dos réptiles: Obradoiro de observación e manipulativo, onde poderás observarár diferentes exemplares de especies de réptiles (saurios, serpes, lagartos, etc) e coñecerás a súa morfoloxía, as características adaptativas, o seu comportamento, hábitats, ameazas e modo de vida de cada un deles. (+6 anos)
  • 18:15h > A cara oculta da lúa: Descubrirás que é a Luna, desentrañaremos os misterios do seu nacemento e formación, os seus movementos e o porqué das eclipses. Finalmente responderemos a unha pregunta moi interesante: Afecta a Lúa á Terra ou non? (+6 anos)

Reservas de luns a venres no teléfono +34 986 267 783 e os sábados e domingos de forma presencial. Máis información no correo electrónico: taquilla.vigonature@vigo.org

Máis

Hora

22 marzo, 2025 16:15(GMT+01:00)

Localización

Vigo Nature

Plaza de Los Leones, s/n, 36316 Vigo, Pontevedra

Other Events