VigoFem: Proxección 'Mientras duermes'
Detalles do eventos
O Concello de Vigo en colaboración co Consello Municipal da Muller presenta un amplo programa de actividades para o mes de novembro con motivo do 25N, Día Internacional da
Detalles do eventos
O Concello de Vigo en colaboración co Consello Municipal da Muller presenta un amplo programa de actividades para o mes de novembro con motivo do 25N, Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller. Desde o martes 5 de novembro ata o martes 3 de decembro celebraranse charlas divulgativas, actuacións musicais, proxección de filmes , obras de teatro, exposicións, presentación de libros, xornadas formativas e sesións para escolares.
O programa arranca coa proxección do filme ‘As Neves’ e contará coa presenza da directora, Sonia Méndez que manterá un coloquio cos espectadores. No apartado cinematográfico tamén se proxectarán os filmes ‘Mientras duermes’ de Jaume Balagueró, ‘Patriarcado, de Teresa Soler e Albert Sanfeliu e ‘Tódalas mulleres que coñezo’ de Diana do Teixeiro. O concerto de Guadi Galego o venres 15 e Sila Lúa e Catuxa Salom o xoves 21, comportan o apartado musical. Llerana Perozo estará presentando a súa última novela ‘Os anos tranquilos’ e haberá charlas sobre as mulleres sen fogar e a violencia machista no deporte; ademais dunhas xornadas sobre a abolición da prostitucións para nas que é necesario inscribirse previamente para participar. Por último, o programa inclúe as representacións teatrais de ‘Golpes’, ‘Feminissimas’ e ‘Cigarreras’.
PROGRAMA COMPLETO:
MARTES 5 NOVEMBRO ÁS 19:00 H:
Proxección do filme “As Neves” (2024) de Sonia Méndez. Coloquio posterior coa directora.
Galería do MARCO. Rúa do Príncipe, 54
Entrada libre ata completar a capacidade do local
MÉRCORES 6 NOVEMBRO – 19:00 H
Conferencia “Mulleres sen fogar” pola conta de Águeda Gómez (Uvigo)
Casa Galega de Cultura. Praza da Princesa, 2
Entrada libre ata completar a capacidade do local
XOVES 7 NOVEMBRO – 19:00 H
Mesa redonda “Violencia machista no deporte” pola conta de Eva Aguayo (USC)
Casa Galega de Cultura. Praza da Princesa, 2
Entrada libre ata completar a capacidade do local
MARTES 12 NOVEMBRO – 19:00 H
Proxección do filme “Mientras duermes” (2011) de Jaume Balagueró
Galería do MARCO. Rúa do Príncipe, 54
Entrada libre ata completar a capacidade do local
MÉRCORES 13 NOVEMBRO – 20:00 H
Proxección do filme documental “Patriarcado, el organismo nocivo” (2022) de Teresa Soler e Albert Sanfeliu
Auditorio Municipal. Praza do Rei, 1
Entrada libre ata completar a capacidade do local
Coloquio posterior. Coa colaboración da Subdelegación do Goberno
XOVES 14 NOVEMBRO – 20:00 H
Peza teatral contra a violencia machista “Golpes”
Auditorio Municipal. Praza do Rei, 1
Entrada libre ata completar a capacidade do local
VENRES 15 NOVEMBRO – 21:00 H
Concerto a cargo de GUADI GALEGO
Teatro Salesianos. Rúa Venezuela, 3
Entrada libre ata completar a capacidade do local
LUNS 18 NOVEMBRO
Exposición contra a violencia de xénero #Amigodáteconta. Coa colaboración da Delegación do Goberno en Galicia
Praza do Rei
MÉRCORES 20 NOVEMBRO – 19:00 H
Presentación do libro “Os anos tranquilos” (Xerais, 2024) pola conta da autora Llerena Perozo Porteiro
Centro de Documentación e Recursos Feministas
Biblioteca Pública de Vigo “Juan Compañel”
(Rúa Joaquín Yáñez, 6-2o andar)
XOVES 21 NOVEMBRO – 19:00 H
Actuacións musicais a cargo de: SILA LUA e CATUXA SALOM
Auditorio Municipal. Praza do Rei, 1
Entrada libre ata completar a capacidade do local
VENRES 22 NOVEMBRO – 20:00 H
Espectáculo: “Feminíssimas” VigoCultura
Auditorio Municipal. Praza do Rei, 1
Prezo 5 €. Venda anticipada de entradas
LUNS 25 NOVEMBRO
ENLAZAVIGO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Alumnado de secundaria, bacharelato e ciclos formativos de FP
De 10:30 a 12:30 h
Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo
Entrada con invitación previa
MANIFESTACIÓN – 20:00 h
Cruzamento da Vía Norte con Urzáiz
Convoca: Rede de Mulleres contra
MÉRCORES 27 NOVEMBRO
Proxección do filme “Tódalas mulleres que coñezo” de Xiana do Teixeiro
Sesións escolares para alumnado de secundaria, bacharelato
e ciclos formativos de FP – De 10:00 a 13:30 h
Auditorio Municipal. Praza do Rei, 1
Entrada con invitación previa
XOVES 28 NOVEMBRO – 20:00 H
Teatro “Cigarreras”. Dirección: Cándido Pazó. Elenco: Tamara Canosa, Susana Dans, Merce Castro,
Isabel Naveira, Covadonga Berdiñas, Casilda G. Alfaro e Ledicia Sola Compañía Contraproducións
Auditorio Municipal. Praza do Rei, 1
Entrada libre ata completar a capacidade do local
LUNS 2 E MARTES 3 DECEMBRO
DE 16:30 A 20:30 H
Xornadas formativas sobre a Abolición da prostitución. Xornadas presenciais.
Sala de conferencias do Centro Social Afundación
Rúa Policarpo Sanz, 26. Inscrición previa
Máis
Hora
12 novembro, 2024 19:00(GMT+01:00)
Hoxe móvese
Séguenos nas redes