Vigocultura: VENTANAS
17dec18:00Vigocultura: VENTANASPEQUERRECHOS | 5,00€18:00(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello
Detalles do eventos
Teatro Paraíso Asubía o vento e fai moito frío. É unha noite pechada. As noticias falan dunha gran onda de frío, neve
Detalles do eventos
Teatro Paraíso
Asubía o vento e fai moito frío. É unha noite pechada. As noticias falan dunha gran onda de frío, neve e choiva. Non se pode saír da casa. A muller está aburrida e contrariada. Mentres quenta a súa cunca de café queda ensimesmada mirando pola xanela. Absorta empeza a debuxar co dedo índice sobre o bafo da xanela. A xanela cambia de cor. Entre as sombras azuis da noite xorde a silueta dunha nena bailando delicadamente. O vento asubía máis forte e transfórmase nunha doce sinfonía de instrumentos de vento. Un precioso universo de peixes e cangrexos, rodeados dun bosque de anemones e estrañas plantas. O espazo transfórmase nun cosmos mariño. Un mundo vexetal náutico ábrese ante nós como brazos florecentes que bailan á luz da lúa. A través do xogo, o público iniciará unha viaxe que lembra a construción e deconstrución de imaxes nos primeiros anos de vida, recreando un imaxinario máxico e fantástico. Desde as sombras á luz, desde o abstracto ao figurativo, un conxunto de imaxes cambiantes crearán un xogo de imaxes sorprendentes e oníricas. A dramaturxia do espectáculo tamén terá unha lectura para o público adulto. Nela unha muller vivirá unha aventura vital na que recuperará a curiosidade perdida. Así viaxará ao lugar onde volver aprender e emocionarse, un tempo no que aínda xogaba como unha nena e penetrarase no territorio da súa infancia e viaxará a través dunha xanela, ata o tempo e o lugar onde vivía unha nena que xogaba e soñaba con descubrir o mundo.
Intérpretes: Rosa A. García-Jone Amezaga ou
Miren Lizeaga
Técnico en xira: Asier Calahorro-Kandela
Iluminación
Axudante de vídeo: Paula Alemán
Deseño escenografía: Jesús Nieto
Deseño vestiario: Alejandra Calderón
Deseño iluminación: Jesús Nieto
Fotografías: Gerardo Sanz
Música: Pedro Guirao
Dramaturxia e dirección: Jesús Nieto
Máis
Hora
17 decembro, 2023 18:00(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes