CAMELIAS

Vigocultura: 'OS CONTOS DO LOBICÁN'

20out18:00Vigocultura: 'OS CONTOS DO LOBICÁN'PEQUERRECHOS | 5,00 €18:00(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Programa completo de Vigocultura

Ficha técnica e artística

Elenco: Guillermo Carbajo e Victoria Pérez

Dirección: Alex Sampayo

Texto: Eva Mejuto

Escenografía: As dúas e punto

Deseño de iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio

Espazo sonoro: Davide González

Axte. Produción: Rubén Porto

Produción: Redrum Teatro

Distribución: Guillermo Carbajo

Sinopse:

“Os contos do Lobicán” é unha historia en verso, áxil e atrevida, destinada a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, que busca darlle a volta aos contos clásicos ao tempo que transmite unha mensaxe educativa e valores universais como a amizade, a cooperación, o respecto pola natureza, o pensamento crítico e a importancia da imaxinación. 

O marabilloso texto de Eva Mejuto foi gañador do XV Premio Barriga Verde 2022. O espectáculo, que mestura intérpretes reais con monicreques, está inspirado no atractivo mundo de Wes Anderson onde as cores, a escenografía, o vestiario e a música axudan a transmitir os valores anteriormente mencionados. A través da riqueza da narrativa e dos seus entrañables personaxes, o espectáculo convida a nenos e nenas a reflexionar sobre o mundo que os rodea e imaxinar novas posibilidades dun futuro máis inclusivo.

Xénero: monicreques

Idade recomendada: familiar, de 3 a 8 anos

Idioma: galego

Duración: 45 minutos

Entradas: 5,00 € en Giglon

Máis

Hora

20 outubro, 2024 18:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events