Vigocultura: 'LA RATITA PRESUMIDA'
Detalles do eventos
Programa completo de Vigocultura Ficha técnica e artística: Dirección: Eduardo Guerrero Texto: Guillermo Gil
Detalles do eventos
Programa completo de Vigocultura
Ficha técnica e artística:
Dirección: Eduardo Guerrero
Texto: Guillermo Gil e Eduardo Guerrero
Actores: Patricia Arroyo, Guillermo Gil
Construción de monicreques: Patricia Arroyo, Guillermo Gil
Vestiario: Isis de Jesús (“La rata parda”)
Deseño de luz: Jorge Nuevo
Escenografía: Tropos, teatro de títeres
Sinopse:
O amor non se pode escoller. Ás veces chega e logo vaise. Ás veces queda para sempre e ás veces non o atopas nunca. Outras, telo tan cerca que nin o ves.
A ratiña Martina e o rato Martín son bos amigos. Un día, Martina atopa unha moeda e decide comprarse un lazo na mercería do seu amigo Martín. E está tan guapa que empezan a choverlle os pretendentes. O Señor Pato, Don Sapito, Don Gato… Cal será a mellor elección?. A ratiña non se deixará conquistar facilmente, nin Martín permitirá que lle arrebaten o amor da súa vida.
Unha divertidísima versión do coñecido conto tradicional repleta de cancións e ladaciñas.
Tropos, teatro de monicreques, naceu en 1992 como un grupo de amigos que se divertían facendo funcións os fins de semana nos paseos do Parque do Retiro e realizando funcións benéficas en hospitais infantís. Despois de colaborar con compañías como P. Cachivache ou O Retablo, en 1998 Tropos convértese en compañía profesional. Desde entón o seu fundador e director, Guillermo Gil actual director artístico do Teatro de Monicreques do Retiro de Madrid, puxo en escena 11 espectáculos que se caracterizan polo seu esforzo en atrapar tanto ao público infantil como o adulto a través do humor.
Co seu espectáculo Y los sueños, sueños son, que foi candidato aos Premios Max en 2015, obtivo unha Mención especial do Xurado no Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro en 2016 e o Premio ao mellor espectáculo no XI Festival de Teatro Familiar “Herrera en escena” de Herrera del Duque en 2018
Xénero: teatro con monicreques
Idade recomendada: a partir de 3 anos
Idioma: castelán
Duración: 45 minutos
Máis
Hora
17 novembro, 2024 18:00(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualnovembro
Séguenos nas redes