VIALIA
ARRIBADA

Vigocultura: COLIÑO

05nov12:0018:00Vigocultura: COLIÑOPEQUERRECHOS | 5,00€12:00 - 18:00(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Tres pases: 12:00, 16:00 e 18:00 h

Unha obra musical e sensorial dirixida á primeira infancia, pensada por e para familias. COLIÑO é o lugar natural a onde imos dende que nacemos e que buscamos cando necesitamos seguridade, defensa, protección, consolo, ánimo, calor e quentura. O primeiro COLIÑO é o da nai. Un colo cheo de vida, de latexo, de quentura…cargado de seguridade e amor. COLIÑO está concibido dende o apego, as emocións e o vínculo afectivo entre os bebés e a súa contorna.

COLIÑO tamén é ese agarimo, ese niño de algodóns, ese saco de durmir, esa cova ou agocho que nos protexe… A COLIÑO van a parar todo tipo de seres vivos, seres que precisan doutros seres para sentirse vivos e protexidos, felices e contentos. COLIÑO mestura todas as enerxías positivas para a mellora do bebé, da crianza e da persoa. COLIÑO somos moitas e moitos.

Máis

Hora

5 novembro, 2023 12:00 - 18:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events