REVISTA NADAL

Vigocultura: 'AS FORMAS DO AMOR'

02nov20:00Vigocultura: 'AS FORMAS DO AMOR'ESPECTÁCULOS | 5,00 €20:00(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Programa completo de Vigocultura

Ficha técnica e artística:

Dirección: Gena Baamonde

Texto orixinal: María Angeles Iglesias

En escena: Sergio Zearreta e María Angeles Iglesias

Iluminación e espazo escénico: Octavio Mas

Deseño sonoro e música orixinal: Tato López

Coproduce: Centro Dramático Galego (CDG)

Produción Xeral: Verdeveras Expresións Artísticas

Sinopse:

Ela e el foron parella.

Foron deses amores inesquecibles que marcan un antes e un despois na vida, porque todo póñeno patas para arriba, revísano, sacódeno, desmóntano e vólveno a armar.

Logo de tanto tempo separados, talvez hoxe sexa o día xusto para volver atoparse por primeira vez.

Unha historia para saír do teatro con bo sabor no corpo, con gusto, alegría e esperanza. Unha historia para falar e reflexionar sobre iso que chamamos amor.

Porque existen outros amores, necesitamos outras historias.

Despois de “Crónica dunha heterosexual insatisfeita”, María Angeles Iglesias presenta “As formas do amor”, unha coprodución de Verdeveras Expresións Artísticas e o Centro Dramático Galego; para rir e reflexionar sobre como nos relacionamos con ese sentimento tan marabilloso que é o amor. 

Xénero: teatro

Idade recomendada: adultos

Idioma: galego

Duración: 65 minutos

Entradas: 5,00 € en Giglon

Máis

Hora

2 novembro, 2024 20:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events