PORTAMERICA
REVISTA NADAL

Vigocultura: 'A TETEIRA DE KABUL'

13out18:00Vigocultura: 'A TETEIRA DE KABUL'PEQUERRECHOS | Desde 5,00€18:00(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Ficha técnica e artística 

Creación e dirección : Nicolás Zamorano e Atenea García

Interpretación: Atenea García e Xosé Manuel Esperante

Adaptación do texto: Atenea García

Música orixinal: Nicolás Zamorano

Escenografía e Iluminación: Nicolás Zamorano

Asistencia de dirección e animación de monicreques: Alba de Vales

Vestiario: Nuria Manzano

Fotografía e vídeo: Carlota Mosquera

Deseño do cartel: Pía Piadosa

Agradecementos: Tanxarina

Sinopse

A Teteira de Kabul fala sobre o valor da paz. A súa protagonista, Mina, é unha nena afgá que ten que abandonar o seu fogar como consecuencia da guerra. Ela e a súa familia emprenden unha longa viaxe na que a pesar das duras condicións irá descubrindo a beleza do tránsito grazas ás historias que lle conta súa nai e que ela garda nunha teteira.

Esta nova proposta de Xarope Tulú, en coprodución coa ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz, está baseada no conto homónimo de Carolina Pujadas e fala das vivencias das persoas que se ven na obriga de abandonar o seu fogar. A súa protagonista está inspirado na vida da escritora afgá Nadia Ghulam. A poética dos monicreques permite viaxar a outros lugares e contar a historia desde unha perspectiva construtiva e alentadora.

A peza foi finalista a mellor proposta de monicreques nos Premios María Casares 2024.

Xénero: teatro de obxectos e monicreques

Idade recomendada: a partir de 6 anos

Idioma: galego

Duración: 45 minutos

Entradas

Máis

Hora

13 outubro, 2024 18:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events