Vigo Turístico: PARA VIGO ME VOY!
Detalles do eventos
Concibido por e para vigueses, faranos sentir na pel de personaxes retornados que marcaron a nosa historia e fisionomía urbana. Unha ruta para os amantes de Vigo, a
Detalles do eventos
Concibido por e para vigueses, faranos sentir na pel de personaxes retornados que marcaron a nosa historia e fisionomía urbana. Unha ruta para os amantes de Vigo, a súa arquitectura e a pegada indiana na nosa cidade.
Co historiador e experto en documentación sobre Vigo, Jorge Barrecheguren, que recentemente descubriu xoias como o exemplar manuscrito da zarzuela “Desde el cielo”, obra inédita composta polo músico e escritor vigués Teodosio Vesteiro Torres ao longo do ano 1867, reuniu agora datos e curiosidades para trazar este roteiro co obxectivo de guiar a cidadáns e curiosos nun paseo cultural que visitará os edificios e símbolos que conforman a pegada da emigración retornada na nosa cidade.
Punto de encontro: Reunirémonos no Antigo Reitorado da Universidade de Vigo no Arenal.
RESERVAS
Correo electrónico vigorturistico@gmail.com
WhatsApp 654 22 69 94
OUTRAS RUTAS DE VIGO TURÍSTICO:
Celta Tour: Sábado 18 ás 17:00 e o vindeiro xoves 23 ás 19:00
Misterios e lendas: sábado18 ás 20:00
Histórico-cultural: sábado 18 e domingo 19 ás 11:00
Para Vigo me voy!: Domingo 19 ás 11:00
Máis
Hora
19 novembro, 2023 11:00(GMT+01:00)
Localización
Antigo Reitorado
Rúa Oporto 2, Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes