REVISTA ABRIL

VIGO NATURE

29mar13:00VIGO NATUREPEQUECHOS | De balde13:00(GMT+01:00) VigoZoo

Detalles do eventos

Horario e programa das actividades educativas de Vigo Nature o Venres 29:

13:00 h – ALIMENTACIÓN DE FAUNA NOCTURMA E EXOTARIUM.

16:30 h – O SISTEMA SOLAR: Consitirá nunha pequena charla para dar a coñecer os misterios do noso sistema solar e nunha proxección no noso renovado planetario onde poderásviaxar de forma virtual aos distintos planetas que o conforman.

OBRADOIRO AMBIENTAL: Neste pequeno obradoiro aprenderás algunhas interesantes curiosidades sobre algunhas das especies da fauna do parque.

17:30 h – O CEO NOCTURNO: Aprenderás a orientarse no decurso da noite, e como recoñecer as principais constelacións, estrelas e planetas visibles na data actual, xunto con pequenas pinceladas de mitoloxía e da historia da Astronomía.

ENREQUICEMENTO LLAMAS: As actividades de enriquecemento ambiental son moi importantes para os animais nos zoolóxicos, neste caso nos axudarás a elaborar obxectos para as llamas.

18:30 h – DESCUBRE O EXOTARIUM: Actividade divulgativa realizada no auditorio e na cal coñecerás a fondo as características dos animais do exotarium, as súas curiosidades, bioloxía e poderás manipular algunhas das especies máis representativas.

A PEGADA DO TEMPO: Coñeceremos o mundo da paleontoloxía e faremos unha pequena escavación na procura de distintos fósiles de fauna e flora do pasado.

Reservas: de luns a venres no teléfono 986 267 783 e os sábados e domingos de forma presencial.

Máis

Hora

(Venres) 13:00(GMT+01:00)

Localización

VigoZoo

Plaza de Los Leones, s/n, 36316 Vigo, Pontevedra

Other Events