
Vigo Jazz Class
Detalles do eventos
O Vigo Jazz Class é un dos eventos que ofrece o programa Vigo en Festas. Terá lugar nos Xardíns da Praza de Compostela durante os días 13, 14
Detalles do eventos
O Vigo Jazz Class é un dos eventos que ofrece o programa Vigo en Festas. Terá lugar nos Xardíns da Praza de Compostela durante os días 13, 14 e 15 de agosto.
Na súa primeira edición, este festival achegaranos a música clásica e ao jazz en pleno centro neurálxico da cidade. O Vitruvia é o encargado da dirección artística deste certame que arrancará o venres 13 co concerto ‘Un Vigo de película’ a cargo da Orquestra 430; un espectáculo basado nas bandas sonoras de cine, recollendo as mellores pezas ao longo da historia de Hollywood. A quenda de Vigo Ensemble chegará o sábado, cun concerto titulado ‘De Bach a Glass’. Finalmente, Abe Rábade Trío pechará a programación do Vigo en Festas con composicións nos estilos jazz, clásico e músicas de raíz.

Máis

Hora
13 (Venres) 21:00
Localización
Plaza Compostela
Praza de Compostela 36201 Vigo Pontevedra