ASNEVES
REVISTA MAIO

Vigo Turístico:  DA LATA AO ULTRACONXELADO

23abr11:00Vigo Turístico:  DA LATA AO ULTRACONXELADOACTIVIDADES PARA O COCO | 10,00€11:00(GMT+02:00) Alameda de Bouzas

Detalles do eventos

Quen foi Eduardo Cabello? Como foi a expansión do porto, e o contexto de Vigo na Galicia industrial? Que importancia tiveron a conserva, os estaleiros e a industria frigorífica? Que papel xogaron nomes coñecidos como Freire, Alfageme, Cardama, Armada, Cerqueira, Albo, Pescanova, Barreras…? A resposta a todas estas preguntas nunha ruta a pé descubrindo as obras arquitectónicas máis destacadas do Vigo industrial desde Bouzas ata o Berbés. Xoias do noso pasado, moitas das cales hoxe pasan desapercibidas entre os guindastres e o cemento e que agora valoramos para conservalas. Unha ruta documentada con planos e fotografías que cambiarán a nosa imaxe do Beiramar que coñecemos, e pensada para coñecer mellor o desenvolvemento industrial de Vigo e algúns dos nomes e familias que marcaron a nosa historia e paisaxe. Unha ruta para os amantes de Vigo e da súa arquitectura.

Punto de encontro: A pérgola na Alameda de Eduardo Cabello de Bouzas
Duración: 2h aprox.
Prezo: Adultos: 10,00 € / Adolescentes (12 a 18 anos): 7,00 € / Menores de 12 anos: de balde
Organiza: Vigo Turístico

Máis información e reservas:
Web https://www.vigoturistico.com/ruta-de-la-hojalata-al-ultracongelado-historia-y-arquitectura-industrial/
Correo electrónico vigorturistico@gmail.com
WhatsApp 654 22 69 94

Máis

Hora

(Domingo) 11:00(GMT+02:00)

Localización

Alameda de Bouzas

Plaza Independencia Praza da Independencia 36211 Vigo Pontevedra

Other Events