VIALIA
REVISTA NOVEMBRO

Vertixe: Paralelo 9

31out20:00Vertixe: Paralelo 9FESTIVAIS E FEIRAS| De balde20:00(GMT+01:00) MARCO

Detalles do eventos

Movimiento Paralelo contribúe dende os seus inicios á difusión e crecemento do repertorio para dúos de frautas tranveseiras e frautas doces, e concretamente da frauta traveseira grave e as frautas doces do tenor Helder e do contrabaixo Paetzold.

A literatura musical para frauta traverso e doce tivo o seu auxe durante o Renacemento, época na que ambos os ventos gozaron de ampla popularidade e difusión no continente europeo. Con orixe na Idade Media, as dúas familias de frautas continuaron o seu desenvolvemento técnico-mecánico e ampliaron a súa notoriedade polo menos ata o Barroco, no caso da frauta doce, e ata a Época Moderna, para a frauta traversa.

Neste programa presentan un repertorio creado especialmente para eles nos últimos anos.

HILDA PAREDES (MX) Equidistancias (2020 – 21) para frauta baixa e frauta Paetzold
JORGE PEPI ALOS (AR) Momentos De Silencio (2018) para frauta baixa e frauta Paetzold
GABRIELE MANCA (IT) Movimiento parallelo (1998) para frauta baixa e frauta Paetzold
SILVIO FERRAZ
 (BR) Por la ventana el viento (2014) para frauta tenor Helder e frauta baixa
JUAN CARLOS TOLOSA (AR) Los túneles  (2018) para frauta baixa e frauta Paetzold

MOVIMIENTO PARALELO Karina Fischer frauta baixa | Paola Muñoz frauta tenor Helder e frauta Paetzold

Máis

Hora

31 outubro, 2024 20:00(GMT+01:00)

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events