Vertixe: Ollo á orella
Detalles do eventos
Mostra organizada pola Fundación Laxeiro e a Facultade de Belas Artes de Pontevedra da Universidade de Vigo e comisariada por Ignacio Barcia. Colabora Vertixe 12.
Detalles do eventos
Mostra organizada pola Fundación Laxeiro e a Facultade de Belas Artes de Pontevedra da Universidade de Vigo e comisariada por Ignacio Barcia. Colabora Vertixe 12.
A exposición OLLO Á ORELLA recolle obras de artistas de distintas xeracións vencellados dalgún xeito á Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Artistas nos que o son é un compoñente determinante no seu traballo, ainda que este non sexa de fácil adscripción. Así estamos a falar de “arte sonora”, accións, imaxes, videos, instalacións, esculturas,… mesmo de música; estamos a falar do son que se escoita, do son que se mira, do que preséntese, intúese, lémbrase. O son como material e o son como significante.
Traballos de: Berio Molina · Xoan Xil, Horacio González e Ariel Ninas (ULOBIT) · Alejandra Pombo Su · Macarena Montesinos · Ana Gesto · Anxo Rodríguez · Acacia Ojea · Elena Matamoro
Horario:
- De luns a venres.- De 18:00 a 21:00 h.
- Sábados.- De 12,00 a 14,00 e de 18:00 a 21:00 horas
- Domingos e festivos.- De 12,00 a 14,00 h.
Máis
Hora
25 outubro, 2024 18:00 - 17 xaneiro, 2025 21:00(GMT+01:00)
Localización
Fundación Laxeiro
Rúa Policarpo Sanz, 15, 36202 Vigo, Pontevedra