VIALIA
HEAVY LUNGS

Vertixe: Desprazamentos da codia

27out18:00Vertixe: Desprazamentos da codiaFESTIVAIS E FEIRAS | De balde18:00(GMT+01:00) Auditorio Martín Códax

Detalles do eventos

“A comunidade científica especializada na materia leva varios anos analizando os datos recollidos nas últimas décadas sobre o movemento do manto telúrico e da codia terrestre en relación co núcleo do noso planeta, e ven, non sen preocupación, mostras e sinais que indican movementos «atípicos»; coma se estas capas que forman o noso planeta estivesen a xirar en sentidos opostos. Certo ou non, a mera idea de que algo deste tamaño e peso presente movementos como os descritos anteriormente parece fascinante”. Así presenta o colombiano Leonardo Idrobo (Santiago de Cali, 1977) o seu novo traballo. E a nós parécenos fascinante traer no mesmo programa seis estreas mundiais de creadores entre os que se atopan, ademáis de el, a artista multidisciplinar coreana Jiwon Seo (Korea, 1993), o chileno Rubén Soto Kemp (Santiago de Chile, 1976), os colombiano Camilo Méndez (Bogotá, 1981), o mallorquín Mateu Malondra (Palma de Mallorca, 1977) e o danés Christian Winther Christensen (Zealand, 1977)Un auténtico corremento de terras. Obras para ensemble con Francesc Prat na dirección e a soprano danesa Clara Stengaard Hansen coma solista.

CAMILO MÉNDEZ (CO) Cartography of Modular Spaces*1 (2024) para ensemble de 9 músicos
RUBÉN SOTO KEMP (CL) Créatures* (2024) para voz, guitarra eléctrica, piano
JIWON SEO (KR) The Wonderful Johnny* (2023) para guitarra eléctrica, fagote, cuarteto de corda, multimedia
MATEU MALONDRA (ES) Within Modular Objects* (2021) para ensemble
LEONARDO IDROBO (CO) Crust shifting*2 (2024) para ensemble de 15 músicos
CHRISTIAN WINTHER CHRISTENSEN (DK) Song from the beach*3 (2024) para voz e ensemble de 15 músicos

*Estrea absoluta. Co apoio de: 1University Grants Committee, 2Prohelvetia, 3Koda Music

Francesc Prat dirección
Clara Stengaard Hansen, soprano

VERTIXE SONORA Clara Saleiro frauta | Pablo Piñeiro clarinete | Jesús Coello fagote | Pablo Coello, Efrén Soto saxofón | Naiara de la Puente acordeón |  Carlos Cortés trompeta | Simon Lewis trompa | Iago Ríos trombón | Roberto Alonso, Sofia Belo violíns | Inés Picado viola | Myriam García violonchelo | Carlos Méndez contrabaixo | Nuno Pinto guitarra eléctrica | David Durán, Haruna Takebe piano/teclados |Diego Ventoso percusión | Iván Ferrer-Orozco medios electrónicos

Máis

Hora

27 outubro, 2024 18:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Martín Códax

Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events